Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: el_corte_inglés

Presentación de “Animalia 2. Branco ” de Xosé Tomás en Vigo

O luns 16 de decembro ás 18:30 horas, no Restaurante (planta 7) de El Corte Inglés de Vigo, terá lugar a presentación e obradoiro de ilustración arredor do libro Animalia 2. Branco de Xosé Tomás.

Héctor Cajaraville na celebración do Día das Letras Galegas 2017 en “El Corte Inglés” de Santiago

O martes, 16 de maio, a partir das 19:30 horas, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, 2017 en El Corte Inglés de Santiago, o escritor Héctor Cajaraville asinará exemplares dos seus libros máis recentes: Once portas, A caixiña dos rancores e Quen dá a quenda?

Celebración do Día do Libro en “El Corte Inglés” de Vigo

Para celebrar o Día Internacional do Libro (23 de abril) El Corte Inglés de Vigo progarmou na súa librería as actividades seguintes: Venres, 21 de abril, ás 19:30 horas, Ledicias Costas e o ilustrador Víctor Rivas falarán de  Esmeraldina, a pequena defunta, e asinarán libros. Sábado, 22 de abril, ás 19:30 horas, asinará exemplares, Anxo Fariña autor de 4_XINETES.

Sinatura de María Solar na librería de “El Corte Inglés” de Santiago

O venres, 20 de maio, a partir das 19:30 horas, a escritora María Solar asinará exemplares do libro As horas roubadas.

Sinatura de Héctor Cajaraville na librería de “El Corte Inglés” de Santiago

O luns, 16 de maio, a partir das 19:30 horas, o escritor Héctor Cajaraville asinará exemplares dos libros De remate (Premio Xerais de Novela, 2015) e Quen dá a quenda? Esta sinatura está organizada por ECI de Santiago  con motivo da celebración das Letras Galegas, 2016

Sinatura de “Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos” en El Corte Inglés de Vigo

O venres, 18 de decembro, de 7 a 9 da tarde, Mary Quintero e Fernanda Padín asinarán exemplares do libro Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos en El Corte Inglés de Vigo.

Ledicia Costas asinará exemplares de “Escarlatina, a cociñeira defunta” en “El Corte Inglés” de Vigo

O xoves 17, ás 18:00 h. Ledicia Costas estará no Corte Inglés de Vigo asinando exemplares do seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta. Ademais, unha reposteira impartirá un obradoiro de cociña para nenas e nenos baseado nas receitas do libro. Aforo limitado. Para inscribirse, chamar ao 986 416 400.

Presentación en Vigo de “Cabalos e lobos” de Fran P. Lorenzo

O xoves, 25 de xuño, ás 20:00 horas, no Restaurante 7ª pranta de El Corte Inglés de Vigo, terá lugar a presentación da novela Cabalos e lobos de Fran P. Lorenzo XXXII Premio Blanco Amor de Novela. No acto participarán Teresa Cuíñas, Manuel Bragado e Fran P. Lorenzo.

Sinatura de “A voz do vento” de Pemón Bouzas en El Corte Inglés de Compostela

O venres, 16 de maio, a partir das 19:00 horas, no departamento de librería de El Corte Inglés de Santiago, Pemón Bouzas asinará exemplares da súa novela A voz do vento. Esta sinatura forma parte dos actos celebrados por El Corte Inglés con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2014.

Pedro Feijoo asina exemplares de “A memoria da choiva” en “El Corte Inglés” de Vigo

O martes, 17 de decembro, a partir das 19:00 horas, Pedro Feijoo asinará exemplares da súa nova novela A memoria da choiva no departamento de librería de “El Corte Inglés” de Vigo.

Presentación na Coruña de “Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais” de Antón Cortizas

O xoves, 16 de maio, ás 19:00 horas, en El Corte Inglés de Marineda. Polígono da Grela, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais de Antón Cortizas. No acto, organizado con motivo da celebración da Semana das Letras Galegas neste centro comercial,  participarán Manuel Bragado e Antón Cortizas.

Obradoiros de cómic “A debuxar con Marcopola” de Jacobo Fernández Serrano

En El Corte Inglés de Santiago o día 14, no de Vigo o día 15  e na Coruña o 16 de maio (ás 18:30 horas), terán lugar os obradoiros de cómic “A debuxar con Marcopola” impartidos por Jacobo Fernández Serrano, autor da serie de cómic infantil  Marcopola. A illa remeira. “A debuxar con Marcopola” é un obradoiro de cómic dirixido a nenos e nenas de cinco a once anos.