Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: el_ideal_gallego

A soberbia mestría narrativa de «O coitelo en novembro», de Marilar Aleixandre

Baixo o título «A soberbia mestría narrativa de Marilar Aleixandre», os xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa publican unha recensión crítica sobre O coitelo en novembro.

Crítica de Armando Requeixo sobre «Lapidarias»

O crítico Armando Requeixo aborda nunha recensión o poemario Lapidarias. Os versos escuros, de David Rodríguez.

«”Luz de Tebra” é un dos acontecementos literarios do ano»

Baixo os titulares «Novo diario dun médico de garda» e «Un dos acontecemento literarios do ano», o crítico Armando Requeixo recomenda moi vivamente Luz de Tebra, o libro de relatos co que se dá a coñecer na literatura galega Ánxel Vázquez de la Cruz. O texto de Requeixo, publicado o domingo 22 de agosto nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa, pode baixarse en pdf aquí.

«Sete de palabras» de Suso de Toro: «un libro que dá xenio lelo»

Vicente Araguas publica en El Ideal Gallego unha fermosa crítica sobre Sete palabras, a máis recente novela de Suso de Toro. O texto en pdf pode baixarse en pdf aquí.

«Anthology of Galician Literature» de Jonathan Dunne por Xulio Valcárcel

ESCRITORES ALEMÁNS E GALEGOS Sábese da verdadeira dimensión dunha obra cando viaxa e se somete a criterios externos e imparciais, alleos a influencias afectivas e a oportunismos coxunturais. Proxectada en doble dimensión: unha particular, dentro das propias lindes; outra universal, trasladada a outras linguas.

«Mais que ben que a contou», unha crítica de Vicente Araguas

A CRÍTICA CONSIDÉRAO UN DOS MELLORES LIBROS DO ANO PASADO Cid Cabido é unha «rara avis» na nosa literatura. Un nachiño que xa non é que omita a súa foto nas lapelas dos seus libros (nun deles aparecía ao lonxe, figuriña mínima nunha paisaxe portuaria) senón que ás veces, así a novela que teño diante miña, nin sequera se nos di quen é e onde vai este escritor que se apelida Cid e máis Cabido.

Manuel Rivas ingresa na Academia Galega

Brillantísimo foi o acto de ingreso de Manuel Rivas na Academia Galega celebrado onte sábado no salón de actos da reitoría da Universidade da Coruña.

O trinta aniversario de Xerais nos medios

Diversos medios fanse eco da noticia do trinta aniversario da editorial. Así Vieiros, que entrevista a Manuel Bragado, salienta que con este motivo «Xerais lanza no seu 30 aniversario os priemiros ebooks galegos». Pola súa banda, Xornal de Galicia recorda que «Edicións Xerais celebrou onte o 30 aniversario da súa fundación», o mesmo que realiza A Nosa Terra.

“A vida do outro” de Carlos G. Reigosa nos medios

“A vida do outro” de Carlos G. Reigosa nos medios

Foto El Ideal Gallego A vida do outro de Carlos G. Reigosa, Premio Torrente Ballester 2008, foi presentado no día de onte en roda de prensa na sede da Deputación da Coruña. Nesta anotación enlazamos toda a información recollida nos medios. “Un espello no que atopar o rostro” (Galicia Hoxe) “A Deputación da Coruña publica A vida do outro a través de Xerais” (La Opinión) “Carlos G.

«Festina Lente», crítica de Xulio Valcárcel

«Festina Lente», crítica de Xulio Valcárcel

Xulio Valcárcel publica esta crítica da novela Festina Lente, de Marcos Calveiro, en El Ideal Gallego.

“As pontes do ceo”, nova crítica

“As pontes do ceo”, nova crítica

Xulio Valcárcel publica na páxina literaria de El Ideal Gallego unha crítica completísima sobre As pontes no ceo, a derradeira entrega da triloxía “Vidas de infancia” de Ramiro Fonte. Recollemos varios fragmentos do texto: “Último volume da triloxía “Vidas de infancia”, As pontes no ceo pecha con ramo de ouro un dos proxectos literarios máis ambiciosos dos últimos tempos.