Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: el_progreso

«Vigo a 80 revolucións por minuto», de Emilio Alonso: Que punkis eramos hai trinta anos!

«Vigo a 80 revolucións por minuto», de Emilio Alonso: Que punkis eramos hai trinta anos!

O xornal El Progreso publicou unha reportaxe de Marta Veiga sobre de Vigo a 80 revolucións por minuto, de Emilio Alonso.   Que punkis eramos hai trinta anos!!! Houbo un antes e un despois no planeta pop galego. Nalgún momento, a principios dos oitenta, Vigo focalizou o grande estertor. Foi o tempo da música feliz e de resistir no sector naval.

Noites insomnes cos «Relatos de terror» de Lovecraft. Artigo de Jaureguizar

Noites insomnes cos «Relatos de terror» de Lovecraft. Artigo de Jaureguizar

Jaureguizar publicou en El Progreso un artigo de opinión sobre os Relatos de terror, de H. P. Lovecraft   O regresista Lovecraft Foron noites de terror insomne, de botar horas deitado agardando a que un deus extraterrestre esvarase por baixo da cama e se presentase no medio da habitación. Daquela, na adolescencia contra a fin dos 70 ler a Lovecraft era unha necesidade para calquera candidato a ser o máis moderno da vila.

Entrevista con Eva Moreda: «Cinguir a emigración á economía en Galicia é evitar facer autocrítica»

O xornal El Progreso publicou hai uns días unha entrevista de Pablo Villapol con Eva Moreda sobre a súa novela A Veiga é como un tempo distinto, Premio Terra de Melide 2010, entrevista que tamén reproduce o xornal La comarca del Eo.

«Cita en Fisterra», de Luís Rei Núñez, libro delicioso. Artigo de opinión de Jaureguizar

«Cita en Fisterra», de Luís Rei Núñez, libro delicioso. Artigo de opinión de Jaureguizar

Jaureguizar publicou en El Progreso un artigo de opinión sobre Cita en Fisterra, de Luís Rei Núñez.   Fisterra para andar en casa Bruce Chatwin tiña por amuleto un anaco de pel parda e reseca coma a pantalla dun cine abandonado. Recibiuno dunha avoa á que lle chegou en agasallo de voda nunha caixiña de pílulas. Pertencera a un antergo de ambos os dous, fillo dun pastor evanxélico.

Acción política e Galicia en «Luís Soto. A xeira pola unidade galega». Artigo de opinión de Eduardo Gutiérrez

Acción política e Galicia en «Luís Soto. A xeira pola unidade galega». Artigo de opinión de Eduardo Gutiérrez

El Progreso publica un artigo de opinión de Eduardo Gutiérrez  sobre Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González Un libro sobre Luís Soto XURXO Martínez González é un mozo, investigador histórico de vocación, rigoroso e perspicaz, que paseniñamente se vai especializando na biografía de figuras galegas que desenvolveron unha parte da sua vida no exilio.

«Trece noites, trece lúas», de Antonio Reigosa: o libro das marabillas do Nadal

Jaureguizar publica en El Progreso unha información sobre Trece noites, trece lúas, e Antonio Reigosa, con ilustracións de Noemí López, a raíz da súa presentación onte en Lugo.

Onde se meteron? Artigo de Jaureguizar sobre Suso de Toro e Manuel Rivas

Jaureguizar cabrodou n o seu artigo de opinión desta fin de semana en El Progreso os 25 anos de Polaroid e os incios de Suso de Toro e Manuel Rivas. Onde se meteron? Suso de Toro ten morriña de si mesmo hai 25 anos. Co gallo da feliz exhumación de ‘Polaroid’ (Xerais) polo seu cuarto de século recoñeceu que sinte envexa daquel autor que o escribiu, nunca terei a graza que el tiña. A sentenza é parricidamente certa.

Conrad, Hergé e a novela «Extramunde», de Xavier Queipo, no artigo de opinión de Jaureguizar

Conrad, Hergé e a novela «Extramunde», de Xavier Queipo, no artigo de opinión de Jaureguizar

Jaureguizar centrou o seu artigo de opinión de El Progreso en Extramunde, de Xavier Queipo., en relación co Conrad, Hergé e Theordor Roosvelt. Extramunde foi Premio Xerais 2011. Traizoar para ser pirata XABIER QUEIPO vive no corazón da escuridade, no centro de África. A causa soamente o coñecen Conrad e máis el.

Truman Capote e «Ninguén», de Fran Alonso no artigo de opinión de Jaureguizar

Truman Capote e «Ninguén», de Fran Alonso no artigo de opinión de Jaureguizar

Jaureguizar centrou  o seu artigo de opinión desta fin de semana en El Progreso en Truman Capote e o libro Ninguén, de Fran Alonso. Un zume que non estaba só Truman Capote almorzaba zume de laranxa. Tomaba varios máis ata o xantar. E tamén despois. O seu avogado, Alan Schwatrz, sabía que a laranxa ía emparellada con vodka. Non dubidaba porque se citaban decotío.

Entrevista de Jaureguizar a Manuel Rivas: «O conto non é que ti queiras, vai na túa procura»

El Progreso publica unha entrevista de Jaureguizar con Manuel Rivas sobre a publicación do seu libro O máis estraño. «A Guerra de España é a guerra de Troia; a guerra de todas as guerras»     O ESCRITORES que falan pouco escriben novelas longas, Manuel Rivas escribiu moitos contos porque é falangueiro.

«Poñente», de Pere Tobaruela, e o temor ante o Penalti que suxire Jaureguizar

«Poñente», de Pere Tobaruela, e o temor ante o Penalti que suxire Jaureguizar

Jaureguizar centrou  o seu artigo de opinión desta fin de semana en El Progreso nun determinado momento e actitude da historia de Galicia e na novela Poñente, escrito polo escritor catalán afincado en Galicia Pere Tobaruela. O temor ante o penalti GALICIA tivo un momento idóneo na súa historia. Como esa tarde no que os adolescentes acertan a coordenar piercing e montura de gafas.

O deputado Tabuyo mergúllase na novela negra co comisario Romero

O deputado Tabuyo mergúllase na novela negra co comisario Romero

Jaureguizar publicou en El Progreso unha información sobre a novela novela  Svea Kött (Carne Sueca), de Domingo Tabuyo. O deputado Tabuyo mergúllase na novela negra co comisario Romero Domingo Tabuyo sabe que a carne sueca é explosiva.