Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: el_progreso

«Gran Dicionario Xerais da Lingua»

Varios medios recollen a noticia da presentación do Gran Dicionario Xerais da Lingua. A edición galega de ABC salienta que o novo dicionario Xerais contará cunha versión electrónica en 2010; Europa Press subliña que o novo gran dicionario de Xerais aumenta en cinco o seu número de entradas. El Progreso anuncia que  a obra supera as 100.000 entradas, as 400.000 acepcións e as 2.464 páxinas.

«Episodios galegos» de Manuel O’Rivas na prensa de hoxe.

No día de onte tivo lugar unha roda de prensa-presentación do último libro de Manuel O’Rivas Episodios galegos. Temos de esperpento na libraría Couceiro de Santiago. Recollemos aquí o eco da prensa galega: «O’Rivas: “O ADN da cultura galega é a resistencia”». Galicia Hoxe «O’Rivas retrata, no seu novo libro, a “Neogalicia conservadora” de Feijoo».

O trinta aniversario de Xerais nos medios

Diversos medios fanse eco da noticia do trinta aniversario da editorial. Así Vieiros, que entrevista a Manuel Bragado, salienta que con este motivo «Xerais lanza no seu 30 aniversario os priemiros ebooks galegos». Pola súa banda, Xornal de Galicia recorda que «Edicións Xerais celebrou onte o 30 aniversario da súa fundación», o mesmo que realiza A Nosa Terra.

«A vida do outro», presentación en Compostela

«A vida do outro», presentación en Compostela

Foto: Tamara de la Fuente. A vida do outro de Carlos G. Reigosa, a novela gañadora da XXª edición do Premio Torrente Ballester, foi presentada onte en Compostela. Acompañaron ao autor o escritor Fermín Bouza e o profesor e comentarista político Xosé Luís Barreiro Rivas. Camilo Franco en La Voz de Galicia cualificou a obra como «unha novela da xeración da Transición».

Agustín Fernández Paz, entrevista en «El Progreso»

Agustín Fernández Paz, entrevista en «El Progreso»

Entre o grande número de entrevistas realizadas a Agustín Fernández Paz, a raíz da obtención do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, é moi salientable a de Jaureguizar no xornal El Progreso.

Agustín Fernández Paz, Premio Nacional 2008

Agustín Fernández Paz, Premio Nacional 2008

Agustín Fernández Paz foi o gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008, co seu libro O único que queda é o amor.

«Libro galego do ano», comezan as votacións na rede

Xa comezaron as votacións na rede para escoller o «Libro galego do ano», elección promovida polo diario El Progreso e o diario electrónico Galiciae. Entre as quince obras aspirantes, atópanse as seguintes publicadas por Xerais: Festina lente de Marcos Calveiro (novela). Atracción total de Carmen Blanco (narrativa). As mellores intencións de Begoña Paz (novela). O profesor de vegliota de Manuel Veiga (novela).