Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: el_progreso

Un relato de sexo, política, fama e morte. «Vivir a galope», de María Xosé Queizán. Artigo de Santiago Jaureguizar

Santiago Jaureguizar publicou no suplemento Táboa Redonda, dos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra, un artigo sobre o libro: Vivir a galope, do que é autora María Xosé Queizán. A obra está editada por Xerais na colección Edición Literaria / Crónica / Memorias. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A mirada diferente do camiñante. «Arquitecturas debuxadas. Compostela», de Santiago Catalán. Artigo de Santiago Jaureguizar

  Santiago Jaureguizar publicou nos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra, un artigo sobre o libro: Arquitecturas debuxadas. Compostela, do que é autor Santiago Catalán. A obra está editada por Xerais na colección Grandes Obras / Edicións Singulares. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un libro de Xerais para mentes curiosas: «A ciencia do día a día». Anotación no xornal «El Progreso»

O xornal El Progreso publicou unha anotación sobre o libro: A ciencia do día a día, de Larousse Editorial, ilustrado por Bruno Martínez Tabarés. O libro está editado por Xerais na colección Básicos da Ciencia. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha novela con visión ecoloxista e cunha crítica á desprotección das persoas migrantes: «Kusuma», de Héctor Cajaraville. Anotación no xornal El Progreso

O xornal El Progreso publicou unha anotación sobre o libro: Kusuma, de Héctor Cajaraville, ilustrado por María Lires. O libro gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil, 2018, e está editado por Xerais na colección infantil e xuvenil Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un libro que conecta a poesía co sistema operativo das emocións: «Aplicación instantánea», de Carlos Negro. Anotación no xornal El Progreso

O xornal El Progreso publicou unha anotación sobre o libro: Aplicación instantánea, do que é autor Carlos Negro. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2018, e está editado por Xerais na colección infantil e xuvenil Fóra de Xogo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un libro xeográfico sen xeografía definida: «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste», de Manuel Rivas. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou nos xornais Diario de Pontevedra e El Progreso unha recensión crítica sobre a novela Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas. O artigo pode lerse ou descargarse en PDF nesta ligazón.

A crónica dunha viaxe polo Gobi do real. «Michigan / Acaso Michigan», de Antón Reixa. Artigo de Santiago Jaureguizar

  Santiago Jaureguizar publicou no suplemento Táboa Redonda, dos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra, un artigo sobre o libro: Michigan/Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma, do que é autor Antón Reixa. A obra está editada por Xerais na colección Grandes Obras / Edicións Singulares. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«E mentres tanto, ti en Michigan». Anotación nos medios sobre a presentación de: «Michigan/Acaso Michigan», de Antón Reixa

O sábado, 27 de outubro de 2018, celebrouse na Fundación DIDAC de Santiago de Compostela a inauguración da exposición e a presentación do libro Michigan/Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma de Antón Reixa. O acto contou coas intervencións de Xosé Luís Canido, Antón Reixa e Fran Alonso.

A escritora e xornalista Rosa Aneiros gaña o II Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade. Anotación nos medios

A escritora e xornalista Rosa Aneiros gañou o II Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, pola obra: Tres bichiconas, dúas illas e unha serea. O certame está convocado polo Intituto de Estudos Chairegos (Iescha), o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia.

Manuel Rivas: «O narcotráfico é o extremo do sistema capitalista». Anotación nos medios sobre a presentación de: «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste»

O martes, 23 de outubro de 2018, celebrouse en NUMAX (rúa Concepción Areal, 9, Santiago) unha roda de prensa para presentar o libro: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas. O acto contou coas intervencións de Daniel Salgado, Manuel Rivas e Fran Alonso.

Un retrato en forma de libro: «María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito». Anotación no xornal El Progreso

O xornal El Progreso publicou unha anotación sobre o libro: María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito, do que son autoras Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey. O libro pertence á colección infantil e xuvenil Merlín, de Xerais. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Dous autores que lle dan a man a Rosalía para percorrer novos camiños. «Paseniño, paseniño», de Antonio GarcíaTeijeiro. Anotación no xornal El Progreso

O xornal El Progreso publicou unha anotación sobre o libro de poemas: Paseniño, paseniño, do que é autor Antonio García Teijeiro, con ilustracións de Marcos Viso. O libro pertence á colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín, de Xerais. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.