Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: elena_gallego_abad

Presentación en Pontevedra de “Dragal V” de Elena Gallego Abad

O xoves 26 de setembro de 2019 ás 20:00 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina 29, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Dragal V. O segredo do dragón de Elena Gallego Abad. No acto participarán Anxo González Guerra e Elena Gallego Abad.

Unha boa novela coa que os adolescentes poden enredar neste verán: «Dragal V. O segredo do dragón», de Elena Gallego Abad. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre o libro: Dragal V. O segredo do dragón, de Elena Gallego Abad, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.   Crítica de «Dragal V. O segredo do dragón» (Elena Gallego Abad)   Pode ser unha lectura para o verán, de feito, parte da novela transcorre no verán.

Unha novela que seguirá facendo lectores para a nosa literatura xuvenil: «Dragal V. O segredo do dragón», de Elena Gallego Abad. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Dragal V. O segredo do dragón, de Elena Gallego Abad. O libro está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.   Dragal V.

Elena Gallego Abad: «Unha das miñas prioridades con este libro foi poder incorporar novos lectores ao universo dragaliano». Entrevista no xornal «Faro de Vigo» sobre: «Dragal V. O segredo do dragón»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela á escritora Elena Gallego Abad sobre o libro: Dragal V. O segredo do dragón, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo 2019

Do 27 de xuño ao 6 de xullo, terá lugar, na rúa do Príncipe e na praza da Farola, a Feira do Libro de Vigo 2019 para a que Xerais preparou este completo programa:

Novidade: «Dragal V. O segredo do dragón», de Elena Gallego Abad. Unha novela máxica e aditiva para satisfacer aos fans máis esixentes do universo dragaliano

Dragal V. O segredo do dragón, de Elena Gallego Abad, é unha novidade da colección Fóra de Xogo de Xerais. Nalgún lugar da costa galega os dragalianos exploran os seus poderes.

Conversa con Ledicia Costas en Marín

O venres 19 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Ateneo Santa Cecilia, rúa do Forno, 42 de Marín, Elena Gallego Abad conversará con Ledicia Costas sobre a súa obra.

Presentación en Pontevedra de “O xogo de Babel” de Elena Gallego Abad

O xoves 23 de novembro de 2017, ás 20,00 horas, na Libraría Paz, rúa Peregrina, 29, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro O xogo de Babel de Elena Gallego Abad. No acto acompañarán á autora,  Ramón Rozas e Manuel Bragado.

Elena Gallego Abad: «Con ‘O xogo de Babel’ atopei unha voz propia como narradora»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Elena Gallego Abad sobre a súa novela O xogo de Babel, de Elena Gallego Abad. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación en Marín de “O xogo de Babel” de Elena Gallego Abad

O venres, 29 de setembro, 2017, ás 20:00 horas, no Museo Manuel Torres, avda. Ourense, 3, Marín, terá lugar a presentación da novela O xogo de Babel de Elena Gallego Abad. No acto, organizado polo Ateneo Santa Cecilia, participarán Susana Arizaga, Manuel Bragado e Elena Gallego Abad.

«O xogo de Babel», de Elena Gallego Abad, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á novela O xogo de Babel, de Elena Gallego Abad. O programa pode verse nesta ligazón.

Elena Gallego Abad: «Se queres enganchar ao lector, tes que facer que visualice cousas»

La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Yolanda García coa escritora Elena Gallego Abad sobre a súa súa novela O xogo de Babel. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.