Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: elena_ocampo

Narciso de Gabriel: «Marcela casa embarazada con Elisa e aí ábrense varias hipóteses». Reportaxe no «Faro de Vigo» sobre: «Elisa e Marcela. Amigas e amantes»

O xornal Faro de Vigo publicou unha reportaxe asinada por Elena Ocampo sobre a charla-coloquio que se celebrou no Club Faro de Vigo sobre Elisa e Marcela, na que participou o catedrático Narciso de Gabriel, autor do libro: Elisa e Marcela. Amigas e amantes, publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Antón Reixa: «O accidente supuxo unha confirmación na miña militancia poética e literaria». Entrevista de Elena Ocampo sobre o libro: «Michigan / Acaso Michigan»

A xornalista Elena Ocampo publicou nos xornais Faro de Vigo e La Opinión A Coruña  unha entrevista ao escritor, músico e cineasta Antón Reixa con motivo do seu libro: Michigan / Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma. O libro está publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Luís García Mañá: «Galicia foi unha importante base de espías durante a II Guerra Mundial»

Faro de Vigo publicou unha reportaxe de Elena Ocampo sobre Por que as sombras non teñen ollos, a última novela de Luís García Mañá. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Entrevista a Xavier Queipo: «’Extramunde’ é unha novela clásica con estrutura moderna»

Faro de Vigo publica unha entrevista de Elena Ocampo con Xavier Queipo, gañador do Premio Xerais de Novela 2011 con Extramunde.