Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: eli_ríos

Lecturas da corentena por David González: «Beixos de lingua», «Culpable» e «Terraza». Noticia no «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publica unha serie de reportaxes nos que David González, autor do blogue cultural Palabra de Gatsby, fai unha selección de títulos imprescindibles para ler neste tempo de corentena. Na terceira entrega da serie, o artigo fai mención a tres libros publicados por Xerais: Beixos de lingua, de Paco Barreiro; Culpable, de Eli Ríos e Terraza, de Fran Alonso.

Unha novela intensa e desacougante: «O ceo das reixas», de Eli Ríos. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o libro: O ceo das reixas, de Eli Ríos, publicado por Xerais na colección Narrativa.

Unha historia de mulleres inserida nun ambiente de tensión que chega case á agonía: «O ceo das reixas», de Eli Ríos. Anotación no «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Pilar Ponte sobre o libro: O ceo das reixas, de Eli Ríos, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Eli Ríos: «A vida é imposible levala en soidade». Clube de lectura en Radiofusión sobre: «O ceo das reixas»

O ceo das reixas, de Eli Ríos, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Esther Val, Tatty Lavandeira e Andrés C.M. Riveira. O libro gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta, 2018 e está publicado por Xerais na colección Narrativa. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Unha novela recomendable para todo aquel que precise dun libro evocador e comprometido cos problemas da nosa sociedade: «O ceo das reixas», de Eli Ríos. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: O ceo das reixas, de Eli Ríos, publicado por Xerais na colección Narrativa.   ‘Recensión: Eli Ríos, «O ceo das reixas» Neste blogue é evidente o interese que suscita a obra de Eli Ríos. A autora galega é suxeito dunha literatura completamente crítica, chea de ironía e dun compromiso enorme coa sociedade.

Lectura intensa e breve que prestará, e ben: «O ceo das reixas», de Eli Ríos. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre o libro: O ceo das reixas, de Eli Ríos, publicado por Xerais na colección Narrativa.   Crítica de «O ceo das reixas» (Eli Ríos)   Hai quen lle dá moita importancia a que as súas lecturas sexan longas, porque necesitan moito tempo para familiarizarse coas personaxes e a trama. Fan mal.

Unha novela curta que é coma un puñal: «O ceo das reixas», de Eli Ríos. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre o libro O ceo das reixas, de Eli Ríos, publicado por Xerais na colección Narrativa.   O ceo das reixas, de Eli Ríos (Xerais)   “E o tempo no cárcere non é un tema menor. Non o tempo de chover, facer sol ou vento. Non. Non. O outro. O que dura unha eternidade cando cae o solo e se apagan as luces.

Unha lectura imprescindible para calquera que pretenda coñecer o que se está a cocer nas nosas letras nestes intres: «O ceo das reixas», de Eli Ríos. Anotación de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre o libro O ceo das reixas, de Eli Ríos, publicado por Xerais na colección Narrativa.

Presentación en Betanzos de “O ceo das reixas” de Eli Ríos

O xoves 26 de setembro ás 20:00 horas, na librería Biblos, rúa Santiago 4, Betanzos, terá lugar a presentación do libro O ceo das reixas de Eli Ríos.

As novidades de Xerais para o outono. Artigo no «Sermos Galiza»

O xornal Sermos Galiza publicou un artigo sobre as novidades de Xerais para este outono, libros entre os que subliña: As estacións do lobo, de María Reimóndez; O ceo das reixas, de Eli Ríos e Rexurdimento: a palabra e a idea, de Anxo Angueira, entre outras publicacións.

Novidade: «O ceo das reixas», de Eli Ríos. Unha novela que fala da invisibilización, dos silencios, da violencia e da linguaxe que constrúen cadeas imperceptibles arredor das mulleres.

O ceo das reixas, de Eli Ríos, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Noelia está presa no módulo de respecto cando na cela contigua sucede algo grave. Ela, que é cirurxiá, séntese obrigada a intervir. Logo, da dirección da prisión solicítanlle que vixíe e informe sobre a súa nova compañeira de cela, Fina, unha vella que semellaba dócil pero coa que terá que manter un pulso complicado.

Programa de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2019

Do 1 ao 11 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 1 de agosto, xoves 19:00 horas: Presentación de Quokka Moka de María Solar con ilustracións de Víctor Rivas. Participan Víctor Rivas e María Solar. Ao remate sinatura ilustrada. 19:45 horas:  Conversa entre Érica Esmorís, Quen salva un can e Andrea Maceiras, Conta nove estrelas, Premio Lazarillo 2018.