Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: elvira_riveiro

Elvira Riveiro estará mañá sábado no Club de Lectura Lendo Contigo, en Gondomar, con «Palabras brancas»

O libro de poesía infantil PAlAbrAs brAncAs, de Elvira Riveiro, centrará mañá sábado 19 de decembro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, e contará coa presenza da autora na Biblioteca de Gondomar. O libro está ilustrado por Fino Lorenzo e publicado na colección Merlín.

Finalistas premios AELG2008

Déronse a coñecer hoxe as obras finalistas dos premios AELG as mellores obras literarias do pasado ano 2008. En case todas as categorías son numerosas as obras editadas pola editorial.  Os membros da AELG poderán emitir o seu voto ata o 5 de maio. Literatura infanto-xuvenil (Aelg-Gálix): 1. A Cabeza de Medusa, Marilar Aleixandre 2. Caderno de animalista, Antón Fortes Torres 3. Fume, Antón Fortes Torres 4.

Xerais obtén dous dos premios da Noite da Edición 2008

Xerais obtén dous dos premios da Noite da Edición 2008

O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas, foi gañador do Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado do ano e PAlAbrAs brAncAs de Elvira Ribeiro e e Fino Lorenzo o do Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil de 2008.

“PAlAbrAs brAncAs”, presentación en Pontevedra

“PAlAbrAs brAncAs”, presentación en Pontevedra

Mañá, xoves, ás 20,00 presentarase na Galería Sargadelos de Pontevedra PAlAbrAs brAncAs o poemario de Elvira Riveiro, ilustrado por Fino Lorenzo e publicado na colección Merlín. O acto está organizado pola asociación Máislibros.

“Palabras brancas”, crítica

“Palabras brancas”, crítica

Paula Fernández publica na súa sección do Faro da Cultura, dedicada ao seguimento crítico da literatura infantil, un texto ben fermoso sobre Palabras brancas, o poemario de Elvira Riveiro.