Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: emma pedreira

Programa de Xerais na Feira do Libro de Vigo 2020

Do 25 de xuño ao 4 de xullo terá lugar, na rúa do Príncipe, a Feira do Libro de Vigo 2020, na que actuará como progoeira a escritora María Xosé Queizán e para a que  Xerais ten preparado o programa seguinte: Xoves, 25 de xuño 18:00 horas: Elba Pedrosa asinará O que non sabías. 19:00 horas: María Xosé Queizán asinará Vivir a galope e o resto da súa obra.

#envozpropia: Campaña nas redes sociais de Xerais

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

Emma Pedreira: «Todo o que hai nesta novela está a medio metro de nós». Clube de lectura en Radiofusión sobre: «Os corpos invisibles»

Os corpos invisibles, de Emma Pedreira, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Esther Val, Tatty Lavandeira e Andrés C.M. Riveira, ademais da autora. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2019 – Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil do 2019, e está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.

Emma Pedreira por «Besta do seu sangue», Carlos Negro por «Aplicación instantánea» e Héctor Cajaraville por «Kusuma», premios Xerais 2018

O sábado 2 de xuño anunciouse en Vigo o ditame da XXXV edición do Premio Xerais de Novela, a X edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXIII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotados con cadanseu premio de 10.000 euros.   «Besta do seu sangue» de Emma Pedreira Premio Xerais de Novela 2018 O xurado da XXXV edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.