Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: en castellano_no_hay_problema

«En castellano no hay problema», de Carlos Callón, presentación en Madrid o martes 5 de xullo

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado o martes 5 de xullo, no Centro Galego de Madrid, sito na rúa Carretas, 14-3º andar. O acto contará coa participación de Francisco Jorquera, deputado do BNG no Congreso dos Deputados, e Carlos Callón, autor do volume e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

«En castellano no hay problema», presentación en Tui o martes 21 de xuño

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado o martes 21 de xuño, ás 20,30 horas, na Biblioteca Municipal de Tui (ala Félix Rodríguez, Edificio Área Panorámica). O acto contará coa participación de Ricardo Alonso  e Carlos Callón.

«En castellano no hay problema», de Carlos Callón, presentación hoxe en Pasaia (País Vasco)

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado esta tarde en Pasaia (País Vasco) nun acto organizado polo Fato Daniel Castelao na comarca de Oarsoaldea. O evento desenvolverase na sala da Tenencia de Alcaldía de Trintxerpe, pertencente ao concello de Pasaia, situada na rúa Euskadi Etorbidea s/n (Azoka).

Presentacións de «En castellano no hay problema», de Carlos Callón, en Vilalba (venres 13) e Seixalbo (sábado 14)

Presentacións de «En castellano no hay problema», de Carlos Callón, en Vilalba (venres 13) e Seixalbo (sábado 14)

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado mañá venres 13 de maio ás 20,30 horas na Casa da Cultura de Vilalba. O acto contará coa presenza de Xosé María Felpeto Enríquez e Carlos Callón. Así mesmo, a asociación Irmandiños de Seixalbo tamén organiza unha presentación de En castellano no hay problema para este sábado 14 de maio.

«En castellano no hay problema», de Carlos Callón, será presentado hoxe en Boiro

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado o hoxe 29 de abril, ás 20.30 h, pola Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia e o Concello de Boiro no Centro Social, coa intervención de Xesús Laíño (presidente de Barbantia), Antón Riveiro Coello (escritor), Gerardo Piñeiro (concelleiro de Cultura de Boiro) e Xosé Deira (alcalde de Boiro), ademais do autor, Carlos Callón.

Presentación de «En Castellano no hai problema», o sábado 16, en Campos (Palma de Mallorca)

Presentación de «En Castellano no hai problema», o sábado 16, en Campos (Palma de Mallorca)

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado o próximo sábado 16 de abril, ás 17:00 horas, na localidade de Campos, en Palma de Mallorca. O acto está organizado por Acampallengua e Joves de Mallorca per la Llengua.

Presentación de «En castellano no hay problema», de Carlos Callón, o próximo luns en Lugo

Presentación de «En castellano no hay problema», de Carlos Callón, o próximo luns en Lugo

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado o próximo luns 28 en Lugo. O acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüísitica, terá lugar ás 20,00 horas no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra (Rúa Quiroga Ballesteros, 1) e contará coa participación do autor e da escritora Marica Campo.

Presentación de «En castellano no hay problema», de Carlos Callón, o próximo venres en Cedeira

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado o próximo venres 18 en Cedeira. O acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüísitica, terá lugar ás 19,30 horas no Palacete Municipal (Avda. Castelao s/n) de Cedeira e contará coa participación do autor.

Presentación de «En castellano no hay problema», de Carlos Callón, o próximo venres 11 en Padrón

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado o próximo venres 11 de marzo en Padron. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, intervirá Sara Seco, e así como o propio autor. Terá lugar ás 20,30 horas na Casa do Patín, Porto Fondo da Vila, 4 de Padrón.

Presentación de «En castellano no hay problema», de Carlos Callón, o próximo venres 4 en Allariz

Presentación de «En castellano no hay problema», de Carlos Callón, o próximo venres 4 en Allariz

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado o próximo venres 4 en Allariz. No acto, coorganizado pola Libraría Aira das Letras, intervirá o alcade de Allariz, Francisco García, e así como o propio autor. Terá lugar ás 20,00 horas na sede da Fundación Vicente Risco (rúa San Lourenzo, 3).

Presentación de «En castellano no hay problema», de Carlos Callón, mañá xoves en Bertamiráns

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado mañá xoves 24 no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. O evento comezará ás 20.30 h, coa participación de Rafa Vilar (escritor e técnico de normalización lingüística) e Silvana Castro (profesora do IES de Ames e membro da Xunta Directiva da Mesa).

Presentación en Ponteareas de «En castellano no hay problema», de Carlos Callón, o próximo venres 18

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado o próximo venres 18 en Ponteareas. No acto intervirán Xosé Manuel Moo (en representación de Xerais), e o propio Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. A presentación, organizada por Queremos Galego, terá lugar ás 20,30 horas no local comarcal do BNG en Ponteareas (rúa Mestres 8).