Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: en_salvaxe_compaña

O escritor Manuel Rivas celebra o 25º aniversario da publicación do libro: «En salvaxe compaña». Noticia no xornal «La Opinión»

O xornal La Opinión publicou unha noticia sobre a conmemoración dos 25 anos da publicación por Xerais do libro: En salvaxe compaña, do escritor Manuel Rivas. O libro gañou o Premio da Crítica Galega (Creación), 1994. A noticia pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Acto conmemorativo do 25 Aniversario da publicación de “En salvaxe compaña” de Manuel Rivas

O venres 8 de novembro de 2019, ás 19:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés 35, A Coruña, terá lugar un acto literario musical en conmemoración do 25 aniversario da publicación de En salvaxe compaña de Manuel Rivas, Premio da Crítica 1994. No acto participarán Dores Tembrás, César Morán e Manuel Rivas.

Os libros de Manuel Rivas: 100 opinións dos estudantes do IES de Silleda

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis máis de 100 opinións dos seus alumnos e alumnas sobre diversos libros de Manuel Rivas lidos ao longo dun trimestre. As opinións dos/as estudantes poden lerse neste enlace.

«En salvaxe compaña» reeditada

«En salvaxe compaña» reeditada

Apareceu nas librarías a reedición actualizada e revisada de En salvaxe compaña, a primeira novela longa de Manuel Rivas. Os círculos agochados da realidade emerxen como espirais de fume, en inesquecibles imaxes poéticas, pero tamén en forma de refachos de vento e chuvia, de tormentas que desvelan perturbadores segredos e vidas conmovedoras.