Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: en_vías_de_extinción

Presentación en Compostela de “As estacións do lobo” de María Reimóndez

O sábado 14 de marzo de 2020, ás 12:30 horas, na Casa do Taberneiro, rúa San Pedro 15, Santiago de Compotela, terá lugar a presentación do libro As estacións do lobo e do resto de entregas do Ciclo dos elementos: En vías de extinción, Dende o conflito, A música dos seres vivos e As cousas que non queremos oír de María Reimóndez.

María Reimóndez: «Todas temos ferramentas para a rebelión do día a día.» Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico á escritora María Reimóndez arredor das novelas En vías de extinción, Dende o conflito, A música dos seres vivos, As cousas que non queremos oír (as catro partes xa publicadas da serie Ciclo dos Elementos), A dúbida e Corredora, todas elas publicadas por Xerais.

Booktuber: Afra Torrado recomenda libros de Iolanda Zúñiga, Rosa Aneiros e María Reimóndez

A poeta Afra Torrado recomenda nun vídeo o libro de relatos Vidas pos-it e a novela Periferia de Iolanda Zúñiga; a novela Resistencia, de Rosa Aneiros, e as novelas  En vías de extinción e A música dos seres vivos, de María Reimóndez.

María Reimóndez promove un sorteo sobre as súas novelas do «Ciclo dos elementos»

A escritora  María Reimóndez promove desde a súa web un sorteo sobre as súas novelas do «Ciclo dos elementos» (En vías de extinción, Dende o conflito, A música dos seres vivos). Reproducimos a información da súa web.

María Reimóndez: «Son a primeira muller da miña familia que accedeu á universidade»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez a María Reimóndez, gañadora do Premio Xerais de Novela 2014 con Dende o conflito.   María Reimóndez, un compromiso exemplar María Reimóndez, (Lugo, 1975) é na actualidade unha das voces literarias galegas máis relevantes, cultivando os diferentes xéneros literarios.

Cando a lingua é protagonista: «En vías de extinción» de María Reimóndez. Artigo en «A letra miúda»

A letra miúda, revista de sociolingüísta para o ensino, publicou un artigo sobre a novela En vías de extinción de María Reimóndez.

A valentía da escrita de María Reimóndez: «En vías de extinción». Artigo de Mercedes Queixas

Sermos Galiza publicou un artigo de Mercedes Queixas sobre a novela En vías de extinción de María Reimóndez.     En vías de extinción Remato a lectura de En vías de extinción de María Reimóndez coa sensación de ter prendido nas múltiples pólas enredadas nesta fraga propia, que non en propiedade, que nos acolle na súa estrutura interna.

Xerais na Feira do Libro de Santiago

Do 27 de abril ao 5 de maio terá lugar, na alameda compostelana, a Feira do Libro de Santiago na que Xerais organiza os seguintes actos: Día 27 sábado 19:00 h.: María Solar asina exemplares de As meigas de Lupa  Día 29  luns 19:00 h.: Agustín Fernández Paz asina exemplares das súas obras. 19:30 h.: Presentación de O códice do Santo Lugar de Pere Tobaruela. Participan: Luz Méndez, Manuel Bragado e o autor. 20:15 h.

María Reimóndez, no club de Lectura Lendo no Galiñeiro

Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha anotación sobre o encontro que María Reimóndez mantivo sobre o seu libro En vías de extinción, no Club de Lectura Lendo no Galiñeiro.

«Feminismos», á cabeza dos libros máis vendidos en Ensaio e «En vías de extinción» e «A vitoria do perdedor», en Narrativa

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha nova listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos da información proporcionada por 13 librarías. En vías de extinción, de María Reimóndez e A vitoria do perdedor, de Carlos G. Reigosa, encabezan a lista dos máis vendidos en Narrativa, seguido de Costa do Solpor, de Xosé Mª Lema e As voces baixas, de Manuel Rivas.

María Reimóndez estará no club de Lectura Sete Vidas, en Gondomar, o próximo 2 de abril con «En vías de extinción»

A escritora María Reimóndez estará o próximo 2 de abril no Club de Lectura Sete Vidas que organiza Espazo Lectura en Gondomar para falar da súa novela En vías de extinción.

Cando non se aceptan os discursos establecidos: «En vías de extinción», de María Reimóndez. Entrevista en Radiofusión

Radiofusión emitiu unha entrevista a María Reimóndez sobre a súa novela  En vías de extinción.     Para visibilizar a vida das lesbianas A novela «En vias de extinción» quere contribuir a visibilizar a vida das lesbianas. Construir un imaxinario de igualdade e de liberdade,  e traballar para eliminar prexuízos, segundo a súa autora María Reimondez.