Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: encarna_otero

Presentación en Santiago de “Aníbal e a Pintora” de Xabier Paz

O mércores, 24 de maio, 2017, ás 19,45 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro Aníbal e a Pintora de Xabier Paz. No acto participarán Encarna Otero, Manuel Bragado e Xabier Paz.

Presentación n’ Agolada do libro “Que non te aten” de Manuel Iglesias Turnes

O domingo, 13 de novembro, ás 16:00 horas, na Eira da Xoana, a carón do Castelo de Pambre n’ Agolada, terá lugar a presentación do libro Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes. No acto participarán Encarna Otero e Manuel Iglesias Turnes.

Presentación de “As horas roubadas” de María Solar en Cuntis

O sábado, 15 de outubro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Roberto Blanco Torres, en Cuntis, terá lugar a presentación do libro As horas roubadas de María Solar. No acto, organizado dentro do programa do Mes da Memoria Histórica do Concello de Cuntis, participarán Encarna Otero e María Solar.

Presentación en Carballo de “Que non te aten” de Manuel Iglesias Turnes

O venres, 3 de xuño, ás 20:00 horas, na Biblioteca Rego da Balsa, en Carballo, terá lugar a presentación da novela Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes. No acto, organizado pola Biblioteca Rego da Balsa e Xerais, participarán Encarna Otero e Manuel Iglesias Turnes.

Presentación en Val do Dubra de “Que non te aten” de Manuel Iglesias Turnes

O sábado, 23 de abril (DÍA DO LIBRO), ás 21:30 horas, na Casa da Cultura de Bembibre, en Val do Dubra, terá lugar a presentación do libro Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes. No acto participarán Encarna Otero, Cándido Iglesias, Celsa Oreiro e Manuel Iglesias Turnes.

Un ensaio político ledo, esperanzador sobre o mundo de hoxe: «A alternativa está aquí» de María Reimóndez. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro A alternativa está aquí de María Reimóndez.   O libro das xoaniñas, teoría e praxe, aquí e agora Moito gustei das palabras de Encarna Otero na presentación que onte na Libraría Lila de lilith de Compostela dedicou a María Reimóndez e ao seu libro A alternativa está aquí.

Presentación en Santiago de “A alternativa está aquí” de María Reimóndez

O xoves, 27 de marzo ás 20:00, na libraría Lila de Lilith, rúa Travesa, 7 de Santiago, terá lugar a presentación do libro A alternativa está aquí de María Reimóndez. No acto participarán Encarna Otero, Manuel Bragado e María Reimóndez.