Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: enciclopedia_de_brinquedos_tradicionais

Antón Cortizas e Cesáreo Sánchez Iglesias recibiron os Premios Losada Diéguez en Boborás

El Correo Gallego e Galicia Hoxe publican unha información sobre  aentrega dos Premios Losada Diéguez no Pazo de Moldes, no concello de Boborás, que recaeron nesta edición no poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, polo seu libro Caderno do Nilo, e no escritor Antón Cortizas, por Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza, nos apartados de creación e investigación respectivamente.

Cesáreo Sánchez Iglesias e Antón Cortizas, Premios Losada Diéguez de creación e investigación

O poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, co seu libro Caderno do Nilo, e o escritor Antón Cortizas, con Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza, resultaron gañadores esta fin de semana do Premio Losada Diéguez nos apartados de creación e investigación respectivamente. O xurado, que se reuniu no Concello de Boborás premiou estas dúas obras de Xerais, sinalou as virtudes das obras premiadas.

«Vento e chuvia», de Manuel Gago, «Tastarabás», de Antón Cortizas e a escritora Berta Dávila, galardoados nos Premios Ánxel Casal da Noite da Edición 2014

Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de Manuel Gago e con ilustracións de Manel Cráneo, editado por Edicións Xerais, recibiu o venres á noite en Betanzos o Premio Xosefa Vilarelle ao mellor libro educativo do ano. Así mesmo, Tastarabás.

«Tastarabás», de Antón Cortizas: un longo traballo sobre xoguetes feitos a partir da natureza ou obxectos de uso común

O Diario de Ferrol publicou unha información sobre Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais de Antón Cortizas. A información pode lerse ou descargarse neste enlace en pdf.

Os libros finalistas dos Premios Ánxel Casal da Edición 2014

A Asociación Galega de Editores fixo públicos os libros finalistas dos Premios Ánxel Casal da Edición, galardóns que pretenden recoñecer o traballo realizado polos editores galegos ao longo do ano. A presentación de candidaturas e a primeira votación é realizada polos editores e, posteriormente, de entre os libros e proxectos finalistas, o xurado delibera e decide os premiados de cada unha das categorías.

Os enredos de «Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais», unha alternativa aos deberes. Ampla reportaxe de Rodri García

La Voz de Galicia publicou no suplemento Culturas unha ampla reportaxe de dúas páxinas de Rodri García sobre Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais de Antón Cortizas. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Antón Cortizas: «Xogar non é perder o tempo, senón aprender a estar no mundo». Información sobre «Tastarabás. A enciclopedia de brinquedos tradicionais»

El Correo Gallego reproduce a información dunha entrevista a Antón Cortizas en Radio Obradorio sobre Tastarabás.     “Xogar non é perder o tempo, senón aprender a estar no mundo” O libro ‘Tastarabás. A Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza’ recompila máis de 1.

Entrevista de María Solar a Antón Cortizas no Zig zag sobre «Tastarabás», a enciclopedia dos xoguetes e brinquedos tradicionais

María Solar entrevistou a Antón Cortizas no programa Zig Zag sobre Tastarabás, a enciclopedia dos xoguetes e brinquedos tradicionais.

O abraio que provoca «Tastarabás». Anotación en Trafegando ronseis sobre a enciclopedia dos xoguetes e brinquedos tradicionais de Antón Cortizas

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre Tastarabás, a enciclopedia dos xoguetes e brinquedos tradicionais de Antón Cortizas. Tastarabás Onte recibimos no instituto esta obra. A verdade: abrir o paquete e quedarmos pampas a miña compañeira e mais eu foi todo un. Non só pola calidade da edicións senón por un contido tan rico e completo que coidamos será unha útil ferramenta pedagóxica.

Mil xoguetes populares: «Tastarabás», a enciclopedia dos xoguetes e brinquedos tradicionais de Antón Cortizas

Tanto La Voz de Galicia como o Diario de Ferrol publicaron informacións sobre a presentación en Ferrol de Tastarabás, a enciclopedia dos xoguetes e brinquedos tradicionais de Antón Cortizas.     Antón Cortizas rescata un millar de juguetes populares El profesor del IES de Canido presentó su libro «Tastarabás», fruto de diez años de trabajo y con 2.

Un libro universal sobre o noso patrimonio lúdico: «Tastarabás», de Antón Cortizas. Imprescindible na escola

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Tastarabás, a enciclopedia dos xoguetes e brinquedos tradicionais de Antón Cortizas.

«Tastarabás», de Antón Cortizas, no blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda Tastarabás, a enciclopedia dos xoguetes e brinquedos tradicionais de Antón Cortizas.   DE XOGOS Estase a publicitar este novo libro de xogos, Tastarabás, enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza. Da presentación editorial: “Froito de dez anos de traballo, velaquí temos Tastarabás.