Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: episodios_galegos

Literatura Galega 2009, panorámica de Luciano Rodríguez en «Ínsula»

Luciano Rodríguez publica na revista Ínsula (páxinas 23-25 do número do mes de xuño) unha completa panorama do que foi a literatura galega no pasado ano 2009. Entre os títulos recomendados no eido da Narrativa, Luciano Rodríguez destaca algúns publicados por Xerais como Monte Louro de Luís Rei Núñez, A vida do outro de Carlos G.

«Episodios galegos», crítica de Manuel Rodríguez Alonso

CONTRA O PENSAMENTO TÚZARO Rivas reúne neste novo libro os artigos que publicou durante un ano na edición galega do xornal El País.

Os cinco mellores libros de 2009 para Jaureguizar

O símbolo perdido, de Dan Brown. O novo supervendas da Factoría Brown non está no meu top five soamente pola súa funcionalidade: cumpre coas expectativas de lexibilidade, ritmo e intriga. Fundamentalmente está como símbolo de anormalidade: é o único best-seller, considerado no seu sentido máis puro, que puidemos ler este ano. A maiores, foi unha editora foránea, El Aleph, quen nolo achegou. Mágoa.

Manuel Rivas entrevistado en «Galicia hoxe»

Lupe Gómez entrevista en Galicia hoxe a Manuel Rivas con motivo do seu ingreso mañá na Academia Galega e a recente publicación do libro Episodios galegos. Entre outras cuestións de grande interese, Rivas adianta o que será o contido do seu discurso de ingreso: «Con ese título de A boca da literatura, vou falar de “memoria, ecoloxía e lingua”.

«Episodios galegos» de Manuel O’Rivas na prensa de hoxe.

No día de onte tivo lugar unha roda de prensa-presentación do último libro de Manuel O’Rivas Episodios galegos. Temos de esperpento na libraría Couceiro de Santiago. Recollemos aquí o eco da prensa galega: «O’Rivas: “O ADN da cultura galega é a resistencia”». Galicia Hoxe «O’Rivas retrata, no seu novo libro, a “Neogalicia conservadora” de Feijoo».

«Episodios galegos» de Manuel Rivas, presentación en AchegArte

A sala Bitácora de Palexco quedou moi pequena para acoller a todas as persoas que quixeron asistir á primeira presentación de Episodios galegos. Tempos de esperpento, o novo libro de Manuel Rivas na colección Xerais Crónica. O acto, que formaba parte do apretadísimo programa de AchegArte, contou coa participación do editor Manuel Bragado e de Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexio de Xornalistas de Galicia.

«Episodios galegos» de Manuel Rivas, presentación no serán do sábado en AchegArte

Episodios Galegos. Tempos de esperpento, o novo libro de xornalismo literario de Manuel Rivas será presentado no serán do vindeiro sábado (ás 19:30 horas) no seo das actividades de AchegArte (Feira da Industria Cultural da Coruña), organizada pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.

«Episodios galegos», novo libro de xornalismo literario de Manuel Rivas

Baixo o título Episodios galegos, e o subtítulo «Tempos de esperpento», Manuel O’ Rivas ofrece o seu novo libro de xornalismo literario. Un volume no que se recollen boa parte dos seus textos xornalísticos publicados dende o pasado mes de marzo a comezos deste outono.

Xerais, próximas novidades literarias

Anunciamos o programa de novidades literarias preparado pola editorial até finais de 2009. XERAIS NARRATIVA Sete palabras, Suso de Toro, novela, edición en papel e e-book (aparición librarías primeira semana de novembro). Dime algo sucio, Diego Ameixeiras, novela, edición en papel e e-book (aparición librarías primeira semana de novembro).