Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: éric_dopazo

Presentación en Vilalba de «Fóra do normal», a novela coa que María Reimóndez gañou o I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade

O xornal El Progreso publica unha información sobre a presentación do libro Fóra do normal de María Reimóndez, Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017. O acto terá lugar este venres 7 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba. O certame está convocado polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e o Concello de Vilalba, coa colaboración de Xerais.

Presentación en Vilalba de “Fóra do normal” de María Reimóndez

O venres 7 de setembro de 2018 ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro Fóra do normal de María Reimóndez, Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017, convocado polo IESCHA e o Concello de Vilalba coa colabroración de Xerais. No acto participarán Marisa Barreiro, Manuel Bragado, Éric Dopazo, Agustín Baamonde, María Reimóndez e Fran Alonso.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo 2018

Do xoves 28 de xuño ao sábado 7 de xullo, terá lugar, na Porta do Sol, a Feira do Libro de Vigo 2018 e na que Xerais ten organizados os actos seguintes: Martes  3 de xullo de 2018  19:00 h Contacontos infantil a cargo de Iago López, autor de O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas. Ao remate asinará exemplares do libro. 19:00 h Jorge Lamas asinará exemplares do seu libro Historias de Vigo.

Presentación en Pontevedra de “22 segundos” de Eva Mejuto

O mércores, 28 de xuño, 2017, ás 20:30 horas, na Casa da Luz de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro 22 segundos de Eva Mejuto no que participarán Marcos Ceive, Éric Dopazo, Manuel Bragado e a autora e contará co acompañamento musical do grupo Canela Cafuné.