Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: escapado

«Escapado» de Luís Lamela, presentación en Culleredo

O mércores, 9 de decembro, ás 20:00 horas na Biblioteca de Poesía Uxío Novoneyra (Pazo de Vila Melania, Avenida de Vilaboa 42) de Culleredo presentarase o libro Escapado de Luís Lamela. No acto acompañarán ao autor, Celestino Poza Domínguez, concelleiro de Cultura; Carlos Pereira Martínez, historiador e Manuel Bragado. O acto está organizado por Xerais coa colaboración da concellaría de Cultura do concello de Culleredo.

«Escapado», a novela en palabras de Luís Lamela, o seu autor

Escapado. Do monte do Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón é unha novela que camiña entre dúas voces, dúas miradas, a do protagonista ao que a memoria achégalle aos días dunha amarga experiencia, e a investigador ou narrador que manipula os elementos históricos achegando entre outros factores, criaturas de ficción con nomes reais. Con seguridade, non hai un personaxe na novela que non puidese existir.

“Escapado” anotacións de Modesto Fraga

O escritor Modesto Fraga ven dedicando nas últimas semanas moita atención no seu blog á publicación de Escapado, a primeira novela de Luís Lamela. O pasado 25 de setembro publicou unha primeira anotación na que recolle parte da intervención que realizou na presentación da novela o 4 de setembro en Fisterra.

«Escapado» de Luís Lamela en «Libro aberto» e presentación na Coruña

Hoxe, martes 6 de outubro,  no programa «Libro aberto» da TVG (00:15 horas), será entrevistado Luís Lamela con motivo da aprición de Escapado, a súa primeira novela, na que recupera a historia de Teófilo Caamaño, e a memoria doutros fuxidos e represaliados durante a guerra civil. A entrevista realizouse na illa de San Simón, onde se desenvolve unha parte da novela. Así mesmo, Escapado.

«Escapado», primeira crítica

«Escapado», primeira crítica

Rafael Lema acaba de publicar n’ A Nosa Galicia a primeira crítica sobre Escapado, a novela de Luís Lamela. O crítico salienta que nesta ocasión o autor de Corcubión ofrece «una obra esta vez novelística que mezcla realidad y ficción, dotada de trama argumental, para darle vitalidad y enganchar desde las paginas al lector.

Presentación de «Escapado» en Fisterra

Presentación de «Escapado» en Fisterra

O día 4 de setembro, venres, ás 20 horas, no Salón de Plenos do concello de Fisterra será presentada Escapado. Do monte do Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón, a primeira novela de Luis Lamela. O autor estará acompañado no acto polo escritor e poeta Modesto Fraga. A noticia da presentación na edición de Carballo de La Voz de Galicia.

«Escapado» noticia en «La Voz de Galicia»

«Escapado» noticia en «La Voz de Galicia»

Xosé Ameixeiras publica en La Voz de Galicia unha ampla noticia sobre Escapado, a primeira novela de Luis Lamela. A obra será presentada o vindeiro día 7, venres, ás 21 horas, no salón de actos do colexio do Pindo-Carnota, dentro das actividades culturais das festas de San Clemente 2009 organizadas pola Asociación Cultural PEDRAMAR do Pindo. Escapado será presentado o día 13 na Feira do Libro de Cee.

«Escapado» de Luís Lamela

«Escapado» de Luís Lamela

Esta semana chega ás librarías Escapado. Do Monte do Pindo ao exilio, pasando pola illa de San Simón, a primeira novela de Luís Lamela, un dos investigadores máis importantes sobre a memoria republicana de Galicia. Escapado.