Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: escaquis_e_romeu

«A Xeración da Esperanza acada a súa madurez e plenitude.» Anotación en Brétemas sobre a presentación de «As peripecias de Extravaganzza Pérez» e «Escaquis e Romeu»

Manuel Bragado publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación conxunta en Vigo de Escaquis e Romeu de Antonio Manuel Fraga e As peripecias de Extravaganzza Pérez de Ledicia Costas.

Presentación en Vigo de “Escaquis e Romeu” de Antonio M. Fraga e “As peripecias de Extravaganzza Pérez” de Ledicia Costas

O venres 4 de maio de 2018 ás 20:00 horas, na librería Librouro, Eduardo Iglesias, 12, Vigo, terá lugar a presentación de Escaquis e Romeu de Antonio Manuel Fraga e As peripecias de Extravaganzza Pérez de Ledicia Costas. No acto participarán Antonio Manuel Fraga, Ledicia Costas e Manuel Bragado.

Presentación na Coruña de “Escaquis e Romeu” de Antonio M. Fraga e “As peripecias de Extravaganzza Pérez” de Ledicia Costas

O venres 27 de abril de 2018 ás 19:30 horas, na Librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación dos libros Escaquis e Romeu de Antonio Manuel Fraga e As peripecias de Extravaganzza Pérez de Ledicia Costas. No acto participarán Antonio Manuel Fraga, Ledicia Costas e Manuel Bragado.

Un personaxe entrañable, humor e prosa fluída: «Escaquis e Romeu», de Antonio Manuel Fraga. Recensión de Alba Piñeiro

Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños unha recensión sobre a novela infantil  Escaquis e Romeu, de Antonio Manuel Fraga, ilustrada por Jacobo Fernández Serrano.   «Escaquis e Romeu», de Antonio Manuel Fraga Toda iniciativa que teña que ver coa promoción da lectura para os máis novos, sempre é de agradecer, pois significa apostar polo futuro máis inmediato do que eles formanparte.

Un libro para gozar: «Escaquis e Romeu», de Antonio Manuel Fraga. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela infantil  Escaquis e Romeu, de Antonio Manuel Fraga.

A fantasía como elemento para saber quen somos, cun estilo que coida o detalle: «Escaquis e Romeu», de Antonio Manuel Fraga. Crítica de Montse Pena Presas

 O programa Chamando á terrra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Montse Pena Presas sobre a novela infantil  Escaquis e Romeu, de Antonio Manuel Fraga. A opinión críticas pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «Escaquis e Romeu», de Antonio Manuel Fraga. Escaquis é unha nena estraña cun poder moi especial: abrir portas a outras realidades!

A novela infantil  Escaquis e Romeu, de Antonio Manuel Fraga é unha novidade da colección Sopa de Libros e está ilustrada por Jacobo Fernández Serrano. «É coma un neno», dicían de Romeu os seus coñecidos, pois se algo caracterizaba o vello barbeiro era a súa inocencia. A vida de Romeu transcorría tranquila, entre cortes de pelo, barbeados e lecturas na compaña das plantas da súa galería.

«As peripecias de Extravaganzza Pérez», de Ledicia Costas e «Escaquis e Romeu», de Antonio Manuel Fraga, dous títulos ligados ao Salón do Libro

O Diario de Pontevedra publica unha información sobre os dous novos libros que publica Xerais e que están ligados ás celebracións do Salón do Libro Infantil e Xuvenil: As peripecias de Extravaganzza Pérez, de Ledicia Costas e Escaquis e Romeu, de Antonio Manuel Fraga.   A información tamén pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.