Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: escarlatina_a_cociñeira_defunta

A escritora Ledicia Costas e o poeta Antonio García Teijeiro serán nomeados vigueses distinguidos

O alcalde de Vigo acordou onte propoñer á escritora Ledicia Costas e ao poeta Antonio García Teijeiro, como vigueses distinguidos, proposta que será trasladada ao pleno do vindiero luns 26 de marzo.

O álbum «Os arquivos secretos de Escarlantina», de Ledicia Costas, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao álbum ilustrado Os arquivos secretos de Escarlatina, de Ledicia Costas. O programa pode verse nesta ligazón.

Ledicia Costas: «A inspiración é un estereotipo romántico sobre a literatura. Hai que ler, buscar documentación…»

Os xornais El Progreso e Diario de Pontevedra publicaron unha entrevista de Marta Veiga á escritora Ledicia Costas na que fala dos seus libros  Os arquivos secretos de Escarlatina e  As peripecias de Extravaganzza Pérez. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Ledicia Costas: «Con ‘Os arquivos secretos de Escarlatina’, quixen facer un libro case interactivo, moito humor, para ler e xogar»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní coa escritora Ledicia Costas na que fala dos seus libros  Os arquivos secretos de Escarlatina e  As peripecias de Extravaganzza Pérez. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Ledicia Costas, a escritora que foi unha rapaza rabuda

O Faro de Vigo publicou unha reportaxe sobre as visitas escolares do programa do xornal que realiza a escritora Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e autora de libros como A señorita Bubble e Escarlatina, a cociñeira defunta. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Excelente presenza dos libros de Xerais entre os 50 máis lidos nos Clubs de Lectura

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares durante o curso 2016/2017, dos que 26 títulos foron publicados por Xerais.

Ledicia Costas: «A Señorita Bubble é unha inventora bastante extravagante, creada desde o humor e a tenrura»

 O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Ledicia Costas sobre a novela A señorita Bubble, da escritora Ledicia Costas. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón (m. 2’48).

O Taboleiro do libro galego publica o listado dos libros máis vendidos no ano 2016

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que nesta ocasión recolle un resumo dos libros máis vendidos durante o ano 2016 a partir da información proporcionada polas librarías galegas. Numerosos libros de Xerais figuran nas listas:   NARRATIVA 1º-. Manuel Rivas,  O último día de Terranova,  Xerais. 4º-. Xabier Quiroga, Izan o da saca, Xerais. 5º-.

Os libros e autores/as máis lidos nos Clubs de lectura escolares

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares, dos que 22 títulos foron publicados por Xerais. A escritora Ledicia Costas encabeza a lista dos 50 títulos, tal e como sinala a web Letra en obras, coa novela infantil Escarlatina, a cociñeira defunta á que seguen outros títulos da autora como O corazón de Xúpiter.

O Samaín e o fenómeno «Escarlatina» de Ledicia Costas. Anotación en Biosbardia

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha anotación sobre as novelas  Escarlatina, a cociñeira defunta e  Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas.   Samaín 2016, a festa da Escarlatina Ledicia Costas pasou a festa dos Defuntos no Barco de Valdeorras. Era a principal convidada dunha xornada que explica moi ben que sucedeu este ano coa festa do Samaín/Halloween en Galicia.

O Quiche Lorraine de «Esmeraldina, a pequena defunta», con receita. A comunidade gastronomica de Ledicia Costas

O blog gastronómico Bolboretas no Bandullo publicou a derradeira anotación desta semana dedicada aos libros Escarlatina, a cociñeira defunta e Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas.   O Quiche Lorraine de Esmeraldina, a nena defunta Despois dunha semana de emocións e sabores con Escarlatina, chega o momento do último prato.

Ledicia Costas: «Logo de visitar ducias de escolas, percibín que se estaba creando unha comunidade gastronómica arredor de Escarlatina»

O blog gastronómico Bolboretas no Bandullo continúa publicando anotacións en torno ao libro Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. Neste caso, ademais da receita dunhas MADALENAS MODERNAS DE FERRERO ROCHER (no Alén o nome da receita sería: «Madalenas de excremento de dromedario coroadas con bóla de escaravello peloteiro»), o blog publica unha entrevista coa propia Ledicia.