Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: escritor

Xerais expresa o seu pesar polo falecemento do xornalista e escritor Pablo L. Orosa

A dirección e o cadro de persoal de Xerais quere expresar as súas condolencias polo falecemento do xornalista e escritor  Pablo L. Orosa (1985-2019), que se produciu esta pasada fin de semana na Coruña. Pablo L. Orosa foi despedido esta tarde nun funeral en Oza dos Ríos en que participaron os seus compañeiros da revista Luzes, á que estaba moi ligado.

Miguel Suárez Abel, azos de tenrura. Anotacións en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o falecemento do escritor Miguel Suárez Abel. Miguel Suárez Abel, azos de tenrura Entristeceunos o pasamento do bo de Miguel Suárez Abel, un escritor no que identifiquei o intelixente optimismo da vontade e a xenerosa entrega para a amizade.

Faleceu o escritor Miguel Suárez Abel

A dirección e o cadro de persoal de Xerais quere expresar as súas condolencias polo falecemento do escritor Miguel Suárez Abel, autor de diversas obras narrativas, moitas delas publicadas nesta editorial. O escritor e psicólogo Miguel Suárez Abel falceu na tarde de onte en Ferrol e o seu funeral terá lugar este mércores ás 18.00 horas en San Esteban do Campo, en Arzúa Miguel Suárez Abel (San Estevo do Campo, 1952).