Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: eu_pel

Un libro que me deixou sen palabras: «Eu, pel» de Teresa González Costa. A opinión de dous estudantes do IES de Silleda

O blog As estelas dos ronseis, do IES de Silleda, reproduce a opinión de dous estudantes sobre Eu, pel de Teresa González Costa.   Eu, pel Un título tan sinxelo para un libro que me deixou sen palabras. Normalmente os comezos sempre me resultan aburridos pero este non foi o caso, un rapaz rexeitado ao nacer, unha rapaza que perdera os seus pais… Pero non foi ata as páxinas 190-200 cando me metín totalmente na historia.

Finalistas dos Premios AELG 2013

A Asociación de Escritores en Lingua Galega fixo públicos os finalistas dos Premios AELG 2013. Entre eles, constan os seguintes libros de Xerais:   Narrativa - A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval.

Unha mestura de utopía científica, do gótico e da fantasía: «Eu, pel» de Teresa González Costa

El Correo gallego publica unha recensión crítica de Carmen Ferreira Boo sobre Eu, pel de Teresa González Costa.

A sensibilidade e as artes en «Eu, pel» de Teresa González Costa. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre a presentación de Eu, pel de Teresa González Costa.   «Eu, pel», sobre a sensibilidade Excelente foi a presentación de Eu, pel, a primeira novela de Teresa González Costa, na Galería Besada do Gove.

Presentación no Grove de “Eu, pel” de Teresa González Costa

O martes, 4 de decembro, ás 20:00 horas, na Galería de Arte Besada, rúa Concepción Arenal, 1 no Grove, terá lugar a presentación de Eu, pel de Teresa González Costa. No acto participarán Carlos Besada, Tito Díaz Pérez, Manuel Bragado e Teresa González Costa.

A incrible historia do Innominable. Sensibilidade en capacidade creativa en «Eu, pel», de Teresa González Costa. Crítica de Rocío Moar Quintela

Rocío Moar Quintela publicou onte xoves nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica de Eu, pel, de Teresa González Costa.   Máxico e antiutópico Con doses ben medidas Teresa González Costa (O Grove,1975) leva anos amosando os seus dotes como guionista e autora de destacadas obras teatrais. Como narradora recibiu en 2010 o Premio Merlín pola novela A filla do ladrón de bicicletas.

«Eu, pel», de Teresa González Costa. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica de Eu, pel, de Teresa González Costa.

Novidade en Fóra de Xogo: «Eu, pel», de Teresa González Costa

Eu, pel, de Teresa González Costa, é unha das novidades de Fóra de Xogo para a nova tempada. Aquel rapaz ao que lle puxeron un nome que ninguén pronunciaba nunca, fíxose chamar a si mesmo Innominable. Era fillo dun farmacéutico brillante e dunha fermosa aristócrata da illa Meridiana, mais o mozo tiña unha misteriosa lesión.