Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: eva_mejuto

Varios títulos de Xerais, na listaxe dos libros máis vendidos na segunda quincena de xullo de 2020 que publica Biosbardia

O blog Biosbardia, en colaboración coa distribuidora Arnoia e coas librarías do grupo Punto e Coma (Ourense e Carballo), Libraría Pedreira (Santiago) e Aira das Letras (Allariz), publica unha lista de libros máis vendidos para a que só se teñen en conta os títulos publicados cunha antigüidade menor de doce meses. Tamén reedicións, non reimpresións.

«Dez gatiñas viaxeiras», de Eva Mejuto e Víctor Rivas, recomendación de lectura de Radioleiros

Os responsables de Radioleiros, dentro das súas recomendacións literarias, animaron á lectura do libro: Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto, con ilustracións de Víctor Rivas, publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Varios títulos de Xerais, na listaxe dos libros máis vendidos na primeira quincena de xullo de 2020 que publica Biosbardia

O blog Biosbardia, en colaboración coa distribuidora Arnoia e coas librarías do grupo Punto e Coma (Ourense e Carballo), Libraría Pedreira (Santiago) e Aira das Letras (Allariz), publica unha lista de libros máis vendidos para a que só se teñen en conta os títulos publicados cunha antigüidade menor de doce meses. Tamén reedicións, non reimpresións.

Libros de Xerais na Lista de Honra 2019 da OEPLI

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publica unha información sobre os libros galegos incluidos na Lista de Honra 2019 da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantl e Xuvenil).

A campaña #envozpropia de Xerais, nos medios e na rede

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

#envozpropia: Campaña nas redes sociais de Xerais

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

Unha obra que conxuga sensibilidade e sentido do humor e na que non falta a crítica social: «Tres bichicomas, dúas illas e unha serea», de Rosa Aneiros. Intervención de Eva Mejuto no «Zig Zag Diario»

Eva Mejuto participou no programa ZigZag Diario da TVG para falar sobre o libro: Tres bichicomas, dúas illas e unha serea, de Rosa Aneiros, con ilustracións de Abi Castillo. O libro gañou o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018, e está publicado por Xerais na colección Merlín. A súa intervención pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 04.00″.

Un álbum en verso para cantar e contar: «Dez gatiñas viaxeiras», de Eva Mejuto e Víctor Rivas. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto, con ilustracións de Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.   Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto e Víctor Rivas Nun primeiro momento lembroume a Once damas atrevidas. Logo, xa me fixo sorrir.

Un texto para contar, cantar e memorizar que non debe faltar en ningunha biblioteca de Educación Infantil: «Dez gatiñas viaxeiras», de Eva Mejuto e Víctor Rivas. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre o libro: Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto, con ilustracións de Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.

«Conexión Macarrón», de Ledicia Costas; e «Dez gatiñas viaxeiras», de Eva Mejuto e Víctor Rivas, entre os títulos infantís seleccionados por «La Voz de Galicia» para o Nadal

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha reportaxe asinada por Olalla Sánchez na que se da conta dunha selección de títulos infantís para o Nadal, con mención a dous títulos publicados por Xerais: Conexión Macarrón, de Ledicia Costas, ilustrado por Laura Suárez; e Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto e Víctor Rivas. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Poesía narrativa e moito humor para contar a historia de dez gatiñas moi rebuldeiras que percorren toda a xeografía galega: «Dez gatiñas viaxeiras», de Eva Mejuto. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto, con ilustracións de Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección: Pequeno Merlín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 25´.

Dous libros que abordan a diversidade sexual e de xénero: «As estacións do lobo», de María Reimóndez e «Transmatria», de Daniel Asorey. Intervención de Eva Mejuto no Zig Zag Diario

Eva Mejuto participou no programa ZigZag Diario da TVG para falar sobre libros que abordan a diversidade sexual e de xénero, con mención a dúas obras publicadas por Xerais: As estacións do lobo, de María Reimóndez, e Transmatria, de Daniel Asorey. A súa intervención pode verse nesta ligazón.