Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: eva_mejuto

Eva Mejuto: «En canto coñecín a historia destas heroínas que non se quixeron colgar medallas, pensei nun proxecto literario». Entrevista no Diario de Pontevedra sobre: «Memoria do silencio»

O xornal Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Belén López con Eva Mejuto sobre o libro: Memoria do silencio, publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Fóra de Xogo. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Compostela de “Memoria do silencio” de Eva Mejuto

O xoves 31 de xaneiro de 2019 ás 20:00 horas, na librería Lila de Lilith, rúa Travesa, 7, Santiago, terá lugar a presentación do libro Memoria do silencio de Eva Mejuto. No acto participarán Marilar Aleixandre, Fran Alonso e Su Garrido que interpretará varias pezas musicais.

Presentación en Pontevedra de “Memoria do silencio” de Eva Mejuto

O martes 29 de xaneiro de 2019 ás 20:00 horas, na Casa da Luz, praza da Verdura, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Memoria do silencio de Eva Mejuto. No acto, organizado en colaboración coa libraría Paz,  acompañarán á autora María Xesús López Escudeiro, Fran Alonso e Su Garrido que interpretará varias pezas musicais.

Novidade: «Memoria do silencio», de Eva Mejuto. Unha novela que explora, entre ficción e realidade, a Galicia da II Guerra Mundial

Memoria do silencio, de Eva Mejuto, é unha novidade da colección infantil e xuvenil Fóra de Xogo de Xerais. Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita.

Eva Mejuto: «A magnífica acollida que tivo esta novela e mais a súa presenza activa no ámbito educativo son síntomas de que algo está a cambiar.» Entrevista no club de lectura Queeruña sobre «22 segundos»

O blog do Club de Lectura LGTB Queeruña publica unha entrevista con Eva Mejuto, autora da novela 22 segundos.     Entrevista a Eva Mejuto, autora de ’22 segundos’ Boas, queeruñxs! Xa metidxs en plena efervescencia do Orgullo na Queeruña, e ademais das mostras de cultura LGTB que temos nas nosas queridas Bibliotecas Municipais, estamos en plena lectura de 22 segundos, obra de Eva Mejuto.

Case unha vintena de autoras e autores de Xerais participan na Festa dos Libros de Pontevedra 2018

Os días 22-23 e 24 de xuño, na Praza da Ferrería de Pontevedra terá lugar unha nova edición da Festa dos Libros. Aquí presentamos o programa de actividades de Xerais.       Venres 22 de xuño de 2018 19.00 h Manuel Lourenzo González presenta Ceiba de Luz  conversa con Manuel Bragado. Ao remate asina no Espazo da libraría Paz 20:00 h. Carlos Taboada asina A biblioteca de Pedrarcana no Espazo Lector Nobel 21.

Opinións dos estudantes do IES Laxeiro de Lalín sobre a novela «22 segundos», de Eva Mejuto

O blog As estelas dos ronseis publicou opinións dos estudantes do IES Laxeiro de Lalín sobre a novela  22 segundos, de Eva Mejuto, publicada na colección Fóra de Xogo.

Presentación en Pontevedra de “As cousas que non queremos oír” de María Reimóndez

O mércores 21 de marzo de 2018, ás 20:00 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina, 29 de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro As cousas que non queremos oír de María Reimóndez. No acto participarán Eva Mejuto, Manuel Bragado e María Reimóndez.

Presentación en Santiago de “As cousas que non queremos oír” de María Reimóndez

O xoves 15 de febreiro de 2018, ás 20,00 horas, na Librería Lila de Lilith, rúa Travesa, 7, Santiago, terá lugar a presentación do libro As cousas que non queremos oír de María Reimóndez. No acto acompañarán á autora, Eva Mejuto e Manuel Bragado.

Presentación na Coruña de “As cousas que non queremos oír” de María Reimóndez

O xoves 25 de xaneiro de 2018, ás 20,00 horas, na libraría Suévia, rúa Vila de Negreira, 32 A Coruña, terá lugar a presentación do libro As cousas que non queremos oír  de María Reimóndez. No acto participarán Eva Mejuto, Manuel Bragado e María Reimóndez.

Eva Mejuto estará mañá sábado no Comando Le de Espazo Lectura en Gondomar con «22 segundos»

Un encontro coa escritora de Eva Mejuto, en torno ao seu libro 22 segundos, centra a sesión de mañá sábado 16 de decembro do Comando Le de Espazo Lectura, unha actividade dirixida para mozos e mozas adolescentes en horario nocturno (de 20:00h a 00:00h).

Presentación en Vigo de “As cousas que non queremos oír” de María Reimóndez

O martes 19 de decembro de 2017, ás 20:00 horas, na libraría Andel, avda Camelias, 102 de Vigo, terá lugar a presentación da novela As cousas que non queremos oír  de María Reimóndez. No acto participarán Eva Mejuto, Manuel Bragado e a autora.