Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: eva_moreda

Unha boa novela humorística: «Os días felices de Benvido Seixas», de Eduard Velasco. Anotación de Eva Moreda en «Biosbardia»

Eva Moreda publicou en Biosbardia unha crítica sobre o libro: Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco,  publicado por Xerais na colección Narrativa.   ‘Os días felices de Benvido Seixas’, unha boa novela humorística Un precedente na nosa literatura d’Os días felices de Benvido Seixas (Xerais, 2019) podería ser, se cadra, o relato de María Lado na antoloxía de ficción erótica Abadessa, oí dizer.

O cliché do detective: «O meu nome é ninguén», de Manuel Esteban. Anotación de Eva Moreda en «Biosbardia»

Eva Moreda publicou en Biosbardia unha crítica sobre o libro: O meu nome é ninguén, de Manuel Esteban,  publicado por Xerais na colección Narrativa.

Un estilo sen grandes alegrías pero plenamente funcional: «Un conto siciliano e outras historias», de Estro Montaña. Anotación de Eva Moreda en «Biosbardia»

Eva Moreda publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre o libro: Un conto siciliano e outras historias, de Estro Montaña,  publicado por Xerais na colección Narrativa.   ‘Un conto siciliano e outras historias’, de Estro Montaña.

Distopía que non convence: «As mulleres da fin do mundo», de Daniel Asorey. Anotación de Eva Moreda en «Biosbardia»

Eva Moreda publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre o libro: As mulleres da fin do mundo, de Daniel Asorey. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.   ‘As mulleres da fin do mundo’, de Daniel Asorey.

Emma Pedreira: «Presenteime ao premio Xerais cunha proposta arriscada sobre unha personaxe ben coñecida. Ou ía ou rachaba». Entrevista en Tempos Novos sobre: «Besta do seu sangue»

A revista Tempos Novos publicou unha entrevista de Eva Moreda coa filóloga, poeta e narradora Emma Pedreira sobre o libro: Besta do seu sangue. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2018 – Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro de narrativa, 2018 – Premio Fervenzas Literaria á Mellor capa de adultos do 2018, e está publicado por Xerais na colección Narrativa.

Unha trama detectivesca ao cabo ben levada: «Un home estraño», de Antonio Tizón. Anotación de Eva Moreda en «Biosbardia»

Eva Moreda publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Un home estraño, de Antonio Tizón.

Unha novela de grande ambición que intenta abarcar todos os aspectos dunha vida formidable: «Nova Nursia», de Héctor Cajaraville. Anotación de Eva Moreda en «Biosbardia»

Eva Moreda publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Nova Nursia, de Héctor Cajaraville   ‘Nova Nursia’, máis didáctica ca literatura   Nova Nursia, de Héctor Cajaraville (Xerais, 2018) é unha novela, en principio, de grande ambición na que intenta abarcar todos os aspectos dunha vida que o propio Cajaraville nos agradecementos (seguindo a J. A.

Unha novela que avanza axilmente e vai tecendo un misterio de forma efectiva en torno a nós: «A raíña das velutinas», de Lionel Rexes. Crítica de Eva Moreda

A escritora Eva Moreda publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela A raíña das velutinas, de Lionel Rexes.   «A raíña das velutinas», achegamento crítico á memoria histórica A raíña das velutinas (Xerais, 2017), de Lionel Rexes, premio Lueiro Rey de narrativa breve, desvíase gratamente nalgúns sentidos do que adoitamos atopar en novelas premiadas e primeiras novelas da nosa literatura.

Novela de altura dun narrador experimentado: «Os tres de nunca», de Nacho Taibo. Crítica de Eva Moreda

A escritora Eva Moreda publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Os tres de nunca,de Nacho Taibo.   «Os tres de nunca», novela de guerra de grande altura Os tres de nunca (Xerais, 2017), de Nacho Taibo, é unha novela que, infelizmente, non pareceu ter cando se publicou vai aló un ano a acollida que merecía.

O English PEN premia a tradución do galego ao inglés de «A veiga é como un tempo distinto», de Eva Moreda

O xornal dixital Galicia Confidencial publica a noticia do premio que recibiu a tradución ao inglés, de Craig Patterson, da novela A veiga é coma un tempo distinto de Eva Moreda.   O English PEN premia a tradución do galego ao inglés dunha obra de Eva Moreda Trátase de «Home is Like a Different Time», traducida do galego por Craig Patterson e cuxa obra orixinal foi publicada por Xerais.

Moita metaliteratura usada con intelixencia: «Aníbal e a pintora», de Xabier Paz. Crítica de Eva Moreda

A escritora Eva Moreda publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz.   «Aníbal e a pintora», a descuberta de Gentileschi Unha das tentacións contra as que debe loitar quen escribe novela histórica é a de deitar no relato os froitos todos do proceso de pescuda e documentación.

As mulleres emigrantes galegas no Londres da década dos 60: «A veiga é coma un tempo distinto» de Eva Moreda

O xornal El Ideal Gallego publicou unha información sobre a novela A veiga é coma un tempo distinto de Eva Moreda. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.