Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: evaristo_pereira

O espazo milenario da cultura celta: «Vigo metropolitano na Galicia céltica», de Carlos Núñez. Crítica de Laura Caveiro

Laura Caveiro publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o libro Vigo metropolitano na Galicia céltica, de Carlos Núñez, ilustrado por Evaristo Pereira, A recensión pode lerese ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Carlos Núñez: «Toda a rica iconografía galaica hai que levala á sociedade de consumo para que se apliquen eses deseños en todos os ámbitos»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista con Carlos Núñez, autor do libro Vigo metropolitano na Galicia céltica, ilustrado por Evaristo Pereira, que acaba de editar Xerais. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «Vigo metropolitano na Galicia céltica», de Carlos Núñez. Desapareceu o pobo celta?

O libro Vigo metropolitano na Galicia céltica, de Carlos Núñez, ilustrado por Evaristo Pereira, é unha novidade de Xerais. Tamén existe edición en castelán. Desapareceu o pobo celta? Esvaeuse a súa cultura milenaria? A verdade é que posiblemente ningún pobo tivo unha influencia tan profunda no transcurso da nosa historia. Non se pode entender unha Galicia sen o románico, como tampouco sen o mundo celta.

Para comprender o universo emocional e cotián dos mozos: «Señor Meco», de Mar Guerra. Crítica de Mónica Álvarez

Mónica Álvarez publicou en El Correo Gallego unha recensión sobre sobre Señor Meco, de Mar Guerra, ilustrado por Evaristo Pereira.

Coñecer outras formas de vida a través dos inmigrantes: «Señor Meco», de Mar Guerra. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Señor Meco, de Mar Guerra, ilustrado por Evaristo Pereira.     Riqueza emocional Atmosfera de distensión Señor Meco vén sumarse á lista de títulos que Mar Guerra ten publicado para lectores mozos.

Novidade: «Señor Meco», de Mar Guerra

Señor Meco, de Mar Guerra, ilustrado por Evaristo Pereira, é unha da novidades da colección Merlín (De 11 anos en diante) para este mes de setembro. Manu é un pouquiñicho liorteiro, algo descoidado e lacazán. Xan, o seu irmán xemelgo, que naceu sete minutos antes ca el, é o aplicado, sempre mergullado nos seus libros. Manu non entende como o seu irmán prefire arrodearse dun feixe de follas impresas no canto de andar de troula.