Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: fahrenheit_451

Clásicos de agora: somos os libros que lemos: « Fahrenheit 451», de Ray Bradbury. Anotación no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Alba Rozas sobre o libro: Fahrenheit 451, de Ray Bradbury, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A importancia da liberdade: «Fahrenheit 451», de Ray Bradbury. Artigo de Agustín Fernández Paz

A importancia da liberdade: «Fahrenheit 451», de Ray Bradbury. Artigo de Agustín Fernández Paz

O escritor Agustín Fernández Paz publicou no seu blog un artigo sobre Fahrenheit 451, de Ray Bradbury.    Fahrenheit 451: o libro Sei que lin este libro mediada a década dos sesenta (do pasado século, xaora), mais non consigo lembrar o ano concreto. Seguramente foi no 1966 ou 67, coincidindo coa estrea da película de Truffaut, da que falarei na próxima entrada do blog.

Morreu Ray Bradbury, autor de «Crónicas marcianas» e «Fahrenheit 451», traducidas ao galego por Xerais

O escritor norteamericano Ray Bradbury morreu onte aos 91 anos de idade. Autor de libros xa míticos, Edicións Xerais de Galicia traduciu ao galego dúas das súas obras máis emblemáticas, da man de Magdalena Fernández Pérez: Crónicas marcianas e Fahrenheit 451.