Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: falecemento

Faleceu o escritor Emilio Alonso

O cadro de persoal de Xerais expresa o seu pesar polo falecemento do escritor Emilio Alonso.

Faleceu a poeta Luz Pozo Garza

O cadro de persoal de Xerais expresa o seu pesar polo falecemento da escritora Luz Pozo. A poeta, integrante da Xeración dos 50, é autora de títulos fundamentais da poesía galega contemporánea. No catálogo de Xerais está publicado Códice calixtino (1986, Xerais 1992) en edición de Carmen Blanco. Miña dona Liberdade / leva o aceno esgazado, / o herdo esfiañado, /non ten leito nin teito.

Xerais expresa o seu pesar polo falecemento do xornalista e escritor Pablo L. Orosa

A dirección e o cadro de persoal de Xerais quere expresar as súas condolencias polo falecemento do xornalista e escritor  Pablo L. Orosa (1985-2019), que se produciu esta pasada fin de semana na Coruña. Pablo L. Orosa foi despedido esta tarde nun funeral en Oza dos Ríos en que participaron os seus compañeiros da revista Luzes, á que estaba moi ligado.

Xerais súmase ao pesar polo facelemento da escritora Xohana Torres

A dirección e o cadro de persoal de Xerais quere expresar as súas condolencias polo falecemento da escritora Xohana Torres (1931_2017), que se produciu onte en Vigo. Xohana Torres deixa tras de si un legado literario de primeirísima importancia para a literatura galega e atesoura unha obra que foi e continúa a ser capaz de dialogar cos textos literarios de agora e de sempre.

Miguel Suárez Abel, azos de tenrura. Anotacións en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o falecemento do escritor Miguel Suárez Abel. Miguel Suárez Abel, azos de tenrura Entristeceunos o pasamento do bo de Miguel Suárez Abel, un escritor no que identifiquei o intelixente optimismo da vontade e a xenerosa entrega para a amizade.

Faleceu o escritor Miguel Suárez Abel

A dirección e o cadro de persoal de Xerais quere expresar as súas condolencias polo falecemento do escritor Miguel Suárez Abel, autor de diversas obras narrativas, moitas delas publicadas nesta editorial. O escritor e psicólogo Miguel Suárez Abel falceu na tarde de onte en Ferrol e o seu funeral terá lugar este mércores ás 18.00 horas en San Esteban do Campo, en Arzúa Miguel Suárez Abel (San Estevo do Campo, 1952).

Faleceu Agustín Fernández Paz

  Actualización: 13:30h. Hoxe, a partir das 17 horas estará na sala número 9 do Tanatorio de Pereiró, así como mañá a partir das 10:00 horas. Ás 19 horas de mañá mércores terá lugar un acto na súa memoria no Salón do Tanatorio.

Falece o escritor Xosé Fernández Ferreiro

O escritor Xosé Fernández Ferreiro faleceu na noite de onte na cidade da Coruña. Nacido en 1931, o autor de Nogueira de Ramuín dedicou a vida enteira á literatura e ao xornalismo.

Falece o escritor Xosé Neira Vilas

O escritor Xosé Neira Vilas faleceu hoxe na súa casa en Gres, Vila de Cruces. aos 87 anos de idade.  A dirección e o cadro de persoal de Xerais quere expresar o seu fondo pesar polo falecemento e resaltar a importancia e o valor do seu papel no ámbito da literatura e a cultura galegas.

Xerais expresa o seu pesar polo falecemento de don Germán Sánchez Ruipérez

Xerais expresa o seu pesar polo falecemento de don Germán Sánchez Ruipérez

A dirección e o cadro de persoal de Xerais expresa o seu fondo pesar polo falecemento don Germán Sánchez Ruipérez. Editor e mecenas da lectura, fundador da editorial Anaya, foi cofundador de Edicións Xerais de Galicia en 1979. Reproducimos a continuación a semblanza que Manuel Bragado, director de Xerais, publicou onte en Faro de Vigo.

Faleceu o tradutor Valentín Arias, ligado a Xerais desde a súa fundación

A dirección e o cadro de persoal de Xerais quere expresar o seu pesar pola morte do tradutor e profesor Valentín Arias, colaborador de Xerais desde a súa fundación. Valentín Arias faleceu o pasado venres aos 76 anos de idade na súa casa de Sarria e foi incinerado en Vigo este domingo. O seu papel máis destacado foi o de tradutor, sendo membro fundador en 1984 da Asociación de Tradutores Galegos, da que ocupou a presidencia.

Homenaxe de despedida a Herminio Barreiro nun acto cívico en Sisán

Hoxe, ás cinco da tarde, celebrarase unha homenaxe civil en Sisán, Ribadumia, ao profesor e pedagogo Herminio Barreiro, falecido o pasado sábado en Compostela.