Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: falemos_de_caricatura

Un libro que non debera pasar desapercibido, no que Siro se mostra nun momento álxido, lucido e lúcido: «Falemos de caricatura», de Siro López e Félix Caballero. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha recensión sobre Falemos de caricatura, de Siro López e Félix Caballero. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Siro: «Os lectores que se acheguen a esta obra descubrirán que a caricatura non é unha arte menor.» Entrevista en «ZigZag Diario» sobre «Falemos de caricatura»

No programa ZigZag Diario da TVG entrevistaron o debuxante Siro López con motivo da publicación do ensaio Falemos de caricatura, realizado en colaboración con Félix Caballero. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Unha obra que achega o poder da arte da caricatura a través dun dos seus mestres: «Falemos de caricatura», de Siro e Félix Caballero, no espazo «Cada día un libro» da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao ensaio Falemos de caricatura, de Siro e Félix Caballero. O espazo pode verse nesta ligazón.

«Un tratado sobre a historia da caricatura en forma de diálogo.» Información sobre a presentación na Coruña de «Falemos de caricatura», de Siro López e Félix Caballero

Os xornais El Ideal Gallego, Diario de Bergantiños e Diario de Ferrol publicaron unha anotación sobre a presentación na Coruña do libro Falemos de caricatura, de Siro e Félix Caballero. A información pode lerse ou descargase en formato PDF nesta ligazón.

Presentación na Coruña de “Falemos de caricatura” de Siro e Félix Caballero

O mércores 23 de maio de 2018, ás 20:00 horas, na librería Espacio Lector Nobel, rúa Padre Feijoo, 1, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Falemos de caricatura de Siro e Félix Caballero. No acto acompañará aos autores, Manuel Bragado.

«Creo que non existe un tratado sobre a caricatura coma este en ningún idioma.» Entrevista a Siro en «Galicia por Diante», da Radio Galega

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por Diante, da Radio Galega, entrevistou a Siro López, autor do libro Falemos de caricatura xunto a Félix Caballero. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Félix Caballero: «Este libro é un tratado completo sobre a caricatura, coa figura de Siro como punto de partida.»

O programa Chamando á Terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar a Siro López e Félix Caballero, autores do libro Falemos de caricatura.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «Falemos de caricatura», de Siro e Félix Caballero. Unha boa oportunidade para nos achegar á maxia da caricatura da man dun dos seus mestres

O libro Falemos de caricatura, de Siro e Félix Caballero, é unha novidade da colección LibrosX de Xerais. Siro é o pai da caricatura na prensa galega despois da Guerra Civil e o caricaturista político galego por excelencia dos últimos cincuenta anos.