Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: faneca_brava

Unha novela que se le con satisfacción: «Faneca Brava», de Manuel Portas. Crónica en Tempo de Lecer Ourense

A revista Tempo de Lecer Ourense publicou unha información sobre a presentación da novela Faneca Brava, de Manuel Portas.   Faneca Brava é o título da última novela de Manuel Portas.

Presentación de “Faneca Brava” de Manuel Portas en Ourense

O venres, 25 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Torga, rúa da Paz, 16 de Ourense, terá lugar a presentación da novela Faneca Brava de Manuel Portas. No acto participarán Xosé Manuel Eyré, Fran Alonso e Manuel Portas.

Manuel Portas: «Cando nunha sociedade hai machismo, haino nos homes e nas mulleres»». Entrevista de Montse Dopico

Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Manuel Portas pola súa novela Faneca Brava. (Foto de Roberto Rodríguez Carballada).   «Cando nunha sociedade hai machismo, haino nos homes e nas mulleres» Manuel Portas volve, na súa nova novela, contarnos a Historia desde abaixo, como fixera en Denso recendo a salgado e en Un dedo manchado de tinta. Desde a pluralidade de experiencias da sociedade de cada época.

Real e intrigante: «Faneca Brava», de Manuel Portas. Crítica de Lorena Domínguez Mallo

Lorena Domínguez Mallo publicou en LG3, o soportal da literatura do Consello da Cultura Galega, unha recensión crítica sobre a novela Faneca Brava, de Manuel Portas.     A verdade como caída A familia Pereira, o clan de Concha, alicerzaba a súa identidade na gran mentira da aparencia. Só Fernando foi quen de buscar a verdade da súa curmá.

Portentosa capacidade narrativa: «Faneca brava», de Manuel Portas. Crítica de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre a novela Faneca Brava, de Manuel Portas.     Toda a verdade sobre a faneca brava Faneca Brava, de Manuel Portas, é a crónica do esclarecemento dunha verdade oculta que conleva dinamitar a imaxe social dunha familia cuxa adhesión á causa franquista lle dá unha impronta de respetabilidade social. Cróncia de X.M. Eyré.

Unha nova mostra do saber facer dun novelista consistente: «Faneca Brava», de Manuel Portas. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica da novela Faneca Brava, de Manuel Portas.   Segredos de familia Unha novela consistente O bo viño precisa o seu tempo, tamén algúns escritores.

Contar con eficacia e funcionalidade: «Faneca Brava», de Manuel Portas. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica da novela Faneca Brava, de Manuel Portas. Araguas salienta que Manuel portas «sabe contar cousas con eficacia ou funcionalidade. Porque sabe dar no albo dun sentimento lector, o realista, xamais desbotado. Porque, finalmente, sen caer no costumismo barateiro incide no sentimento popular».

Unha novela para gozar: «Faneca Brava», de Manuel Portas. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha recensión crítica sobre Faneca Brava, de Manuel Portas.   Faneca Brava Recoñezo que tardei en lle meter o dente por unha cuestión puramente persoal: que se era diferente ás anteriores, que quizais non gustaba tanto, que… e que a min non me gusta nada o título… Por fin, aquí está: asegurar que os meus prexuízos erraron. Unha vez máis.

Manuel Portas presenta «Faneca Brava» na Feira do Libro da Coruña

Manuel Portas presenta «Faneca Brava» na Feira do Libro da Coruña

Manuel Bragado publica no seu blog unha crónica da presentación de Faneca Brava, a novela recente de Manuel Portas, na Feira do Libro da Coruña. No que foi o noso derradeiro serán este ano na Feira do Libro da Coruña, acompañamos a Manuel Portas na presentación de Faneca Brava, a súa novela máis recente.

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Do xoves, 1 de agosto, ao domingo, 11 de agosto, terá lugar na Feira do Libro da Coruña, na que Xerais desenvolverá os seguintes actos Día 1 de agosto, xoves 20:00 h.: Presentación de Días que non foron de Luís Rei Núñez. Participan: Mercedes Queixas, Manuel Bragado e o autor. 21:00 h.: Presentación de Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez. Participan: Pilar García Negro, Manuel Bragado e o autor.

Unha muller que padece polo seu espírito rebelde: «Faneca Brava», de Manuel Portas. Crónica en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha crónica sobre a presentación de Faneca Brava, de Manuel Portas.   «Faneca Brava» en Vigo Excelente o serán na Feira do Libro de Vigo no que Manuel Portas presentou Faneca Brava, Manuel Rivas fixo unha lectura d’ As voces baixas e Elena Gallegoasinou exemplares da súa triloxía Dragal.

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Do venres, 28 de xuño ao domingo, 7 de xullo, terá lugar, na Praza de Compostela, a Feira do Libro de Vigo, 2013. Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 29 de xuño, sábado 19:30 h.: Pedro Feijoo asina exemplares de Os fillos do mar. Na caseta da organización.  Día 2 de xullo, martes 19:00 h.: Presentación de Faneca Brava de Manuel Portas. Participan: Ramón Nicolás, Manuel Bragado e o autor. 19:30 h.