Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: faro_de_vigo

«Un fito histórico para a visibilidade da literatura galega no mundo»

A maior parte dos medios recolleron hoxe a noticia da presentación da Anthology of Galician Literature realizada onte en Compostela na que interviron os responsables de Xerais e Galaxia, coeditores da obra, e Roberto Varela, conselleiro de Cultura e Turismo, entidade que apoiou esta edición.

«Xuvia-Neda» de Vicente Araguas, crítica de Dolores Martínez Torres

EXPERIENCIA DA PALABRA Xuvi-Neda: Un discurso sen fronteiras “Vexamos, Fandiño, e ti, que estás facendo aquí? Porque temas para unha novela tes de abondo sen saír da casa. Mesmo as túas andanzas servirían para o material literario que andas a buscar”.

«George Steiner en The New Yorker», crítica de Estro Montaña

NA CIMA DO CANON Estímulo intelectual Edicións Xerais vén de publicar os artigos que durante case trinta anos George Steiner publicara en The New Yorker, un semanario modélico onde a cultura disfruita dun trato privilexiado. Nesa publicación participaran tamén John Updike e Edmund Wilson, e pode ser considerada a máis importante, no seu estilo, dos Estados Unidos.

Ferrín presenta en Ourense «O grito do Ipiranga» de Luís García Mañá

Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, presentou onte no IES Otero Pedrayo de Ourense O grito do Ipiranga, a terceira novela de Luís García Mañá protagonizado por Nemesio Castro.

«O segundo sexo» de Simone de Beauvoir, completo en galego

EXPERIENCIA VIVIDA De obrigada lectura Coa publicación do segundo tomo d’O segundo sexo. A experiencia vivida xa temos nas librarías en galego este ensaio fundamental do século XX, editado en dous volumes como no orixinal francés;o primeiro, O feitos e os mitos, publicouse no 2008.

«Corazón de chocolate» de Jaureguizar, crítica de María Navarro

FANTASÍA E HISTORIA Unha boa fórmula Unha nova colección de aventuras vén de irrumpir no panorama literario galego. Con dous títulos, Tintimán, pseudónimo de Uxío Lobo, acaba de chegar para instalarse entre os mozos aos que lles atrae o risco, a historia e as fortes emocións.

«Bilbao-New York-Bilbao» de Kirmen uribe, crítica de Dolores Martínez Torres

AUTOFICCIÓN Bilbao-New York-Bilbao de Kirmen Uribe: Cubismo narrativo De novo un escritor recorre a autoficción e ao artificio da novela en marcha, e pescuda no seu anecdotario familiar co pretexto de recompilar datos para unha obra futura,unha obra que non aparece explícita no texto e que o espectador-lector debe intuír.

«A intervención» de Teresa Moure, crítica de Montse Pena Presas

RENOVADA E COÑECIDA MOURE Unha máxica combinación de palabras A quinta entrega de narrativa para o lectorado adulto de Teresa Moure fainos volver á orixe da súa escrita, ás esencias que marcaron dende o comezo a súa traxectoria literaria e cada vez a delimitan máis.Dende a publicación de Herba Moura en 2005, a autora conta cun público fiel que segue tamén a súa produción ensaística con degoiro.

Elena Gallego presenta hoxe «Dragal» en Cangas

NA BÚSQUEDA DO ÚLTIMO DRAGÓN GALEGO A XORNALISTA ELENA GALLEGO PRESENTA HOXE EN FECIMO A SÚA PRIMEIRA NOVELA «DRAGAL» Decidiu afastarse das tarefas profesionais, como responsable comercial de FARO no Morrazo, máis centradas na publicidade e na información, para adentrarse no mundo da ficción. Elena Gallego presenta hoxe a súa primeira novela Dragal nun acto na sede da Federación de Comerciantes, en Cangas, as 20.00 horas.

«Os Celtas» de Francisco Calo, crítica de Alfredo Iglesias Diéguez «Faro da Cultura»

DÚBIDAS CELTAS. UNHA REVISIÓN DE NOSO Existe dende hai anos un debate, ás veces demasiado acalorado, sobre a presenza celta en Galiza.

«A viaxe do ser» de Manuel P. de Lis, crítica de Pilar Ponte en «Faro da Cultura»

AVENTURA NA MONTAÑA O Ser é un río de 60 quilómetros de lonxitude que nace na serra dos Ancares e que percorremos na novela A viaxe do Ser, estrea narrativa de Manuel Pérez de Lis publicada dentro da colección «Fóra de Xogo» de Xerais.

«Cama e conto», crítica de María Navarro

TENRO E DELICADO Cama e conto constitúe un texto tenro e delicado que expón unha realidade cotiá. Gonzalo Moure, convencido de que todo o vivimos na intimidade da nosa mente, escribe un conto no que salientan as perspectivas adoitadas; primeiro a da nena, Malva, logo a da nai e superposta a elas, a do lector, mozo e adulto, como complemento do proceso comunicativo que supón o libro.