Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: faro_de_vigo

«Os Celtas» de Francisco Calo, crítica de Alfredo Iglesias Diéguez «Faro da Cultura»

DÚBIDAS CELTAS. UNHA REVISIÓN DE NOSO Existe dende hai anos un debate, ás veces demasiado acalorado, sobre a presenza celta en Galiza.

«A viaxe do ser» de Manuel P. de Lis, crítica de Pilar Ponte en «Faro da Cultura»

AVENTURA NA MONTAÑA O Ser é un río de 60 quilómetros de lonxitude que nace na serra dos Ancares e que percorremos na novela A viaxe do Ser, estrea narrativa de Manuel Pérez de Lis publicada dentro da colección «Fóra de Xogo» de Xerais.

«Cama e conto», crítica de María Navarro

TENRO E DELICADO Cama e conto constitúe un texto tenro e delicado que expón unha realidade cotiá. Gonzalo Moure, convencido de que todo o vivimos na intimidade da nosa mente, escribe un conto no que salientan as perspectivas adoitadas; primeiro a da nena, Malva, logo a da nai e superposta a elas, a do lector, mozo e adulto, como complemento do proceso comunicativo que supón o libro.

«Uxío Novoneyra. Revisitado», crítica de Armando Requeixo

LECTURA AGRADECIDA Xosé Lois García, para alén do seu estimable traballo como poeta, ten gañado merecidamente a sona de ensaísta e investigador serio e rigoroso. Xusto por iso, a aparición dun novo volume seu é sempre garantía de contribución de interese certo. O que escribo vese confirmado en Uxío Novoneyra. Revisitado, xenuína achega ao particular cosmos creativo e vital do autor do Courel.

Marcos Calveiro presentou «Settecento» en Vigo

O Auditorio David Russell do Conservatorio Profesional de Vigo encheuse para acoller a presentación de Settecento, a segunda novela de Marcos Calveiro en Xerais Narrativa. Tras unha fermosa glosa da obra de Manuel Candelas Colodrón e as palabras do autor, os membros da Orquestra «CMUS Profesional de Vigo», dirixidos por Edita Shulman, intepretaron o concerto «Alla Rustica» de Vivaldi.

«A paixón de Alexandra» de Xulio Ricardo Trigo, primeira crítica da edición en galego

Bookcrossing en Barcelona En Xulio Ricardo Trigo temos a un autor catalán de orixe galega. Creador polifacético, desenvolve o seu labor como escritor, tradutor e artista plástico en Cataluña desde 1965. Non se trata dun escritor especificamente xuvenil senón que este tipo de obras conviven dentro da súa produción coa “narrativa de adultos”.

Suso de Toro, entrevista en «Faro de Vigo»

Salvador Rodríguez fíxolle unha longa entrevista a Suso de Toro para o suplemento «El Sábado» de Faro de Vigo con motivo da publicación da edición en castelán de Sete palabras.

«Feministas galegas», presentación en Vigo

Faro de Vigo informa da presentación de Feministas galegas realizada onte na Libraría Librouro de Vigo. Na foto de R. Grobas, aparece a autora, Mónica Bar Cendón, rodeada da escritora María Xosé Queizán e a catedrática Camiño Noia, participantes nun acto moi concorrido.

Entrevista a Mercedes Pintos

Faro de Vigo publica hoxe a entrevista que Isabell Bugallal realizou a Mercedes Pintos, a escritora que lle puxo voz a Aldonza en Pedras de Compostela. Un texto que recomendamos moi vivamente sobre unha das obras literarias máis interesantes arredor deste Ano Santo.

«O monstro das palabras» de María Reimóndez, crítica de María Navarro

CARÁCTER REIVINDICATIVO A autora de Lía e as zapatillas de deporte ou Usha vén de publicar tamén na colección Merlí de Edicións Xerais de Galicia O monstro das palabras, un libro no que unhas rapazas descobren, axudadas pola súa mestra, que un ser perverso e maligno afánase cada certo tempo en comerlle as palabras á lingua e con iso evitar que a xente se relacione, pense e evolucione.

«A espiral no espello» de Anxo Angueira, crítica de Armando Requeixo

ESTUDO MODÉLICO Anxo Angueira, poeta e narrador de relevo, acaba de publicar A espiral no espello, longa monografía froito da súa Tese de Doutoramento na que profunda naquilo que o seu subtítulo anuncia: a novela Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego.

«A táboa da hospitalidade», a segunda entrega da serie «O Brindo de Ouro», crítica de Pilar Ponte

PERDERSE NAS TERRAS OUTAS Xesús Manuel Marcos López gañaba no ano 2004 o premio Merlín de literatura infantil e xuvenil coa obra O Brindo de Ouro I. A chamada do Brindo, que ao ano seguinte recibía tamén o premio internacional TheWhite Ravens.