Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: faro_de_vigo

Manuel Rivas ingresa na Academia Galega

Brillantísimo foi o acto de ingreso de Manuel Rivas na Academia Galega celebrado onte sábado no salón de actos da reitoría da Universidade da Coruña.

«Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia», crítica en «Faro da Cultura»

Alfredo Iglesias Diéguez publicou no suplemento «Faro da Cultura» do pasado 3 de decembro, unha crítica sobre a Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia, o libro máis recente de Xosé Ramón Barreiro Fernández.

«Episodios galegos» de Manuel O’Rivas na prensa de hoxe.

No día de onte tivo lugar unha roda de prensa-presentación do último libro de Manuel O’Rivas Episodios galegos. Temos de esperpento na libraría Couceiro de Santiago. Recollemos aquí o eco da prensa galega: «O’Rivas: “O ADN da cultura galega é a resistencia”». Galicia Hoxe «O’Rivas retrata, no seu novo libro, a “Neogalicia conservadora” de Feijoo».

«Pingueiras e tarteiras», crítica de Paula Fernández

Sobre Pingueiras e Tarteiras A compañía do Circo do Paraugas chega ao palacio Grisallo na procura dun lugar onde poder exhibir o seu espectáculo.

«Restaurante Farruco» de Chus Pereiro

Paula Fernández publicou o pasado xoves, 5 de novembro, no «Faro da Cultura» un fermoso texto sobre Restaurante Farruco, a peza teatral de Chus Pereiro, ilustrada por Xan López Domínguez, publicada na colección Merlín. ¡Mamasiña que medo!, a peza teatral de Chus Pereiro (Marín, 1957) publicada en 2002 por Edicións Xerais xa amosou o interese desta profesora por levar o teatro á escola e particularmente ás súas aulas.

Ramón Cabanillas, 50 aniversario: «Poesía galega completa»

Mañá, 9 de novembro, cúmprese o 50 cabodano do pasamento do poeta Ramón Cabanillas. Con este motivo, Xerais anuncia a próxima aparición, tras varios anos de traballo, da Poesía galega completa de Ramón Cabanillas, un volume de 1.032 páxinas preparado polos catedráticos  Xosé Ramón Pena e Xosé María Dobarro.

Rosa Aneiros, entrevista no «Faro da Cultura»

Natalia Álvarez publica no suplemento «Faro da Cultura» de Faro de Vigo unha longa entrevista (dúas páxinas) con Rosa Aneiros con moitvo da publicación de Sol de inverno e Ás de bolboreta, as novelas gañadoras do Premio Xerais e Premio FundaciónCaixa Galicia. Aquí pode baixarse o pdf da entrevista.

«A profesora Ripaldi»: universos fantásticos

María Navarro publica hoxe en «Faro da Cultura», suplemento de Faro de Vigo, baixo o título de «Universos fantásticos», unha crítica d’ A profesora Ripaldi, o libro escrito e debuxado por María Alcañiz. O mundo dos soños e da ensoñación ofrecen ao escritor a posibilidade de crear e recrear universos fantásticos onde rexen as coordenadas da vontade, do desenfado, do absurdo ou da lóxica segundo a situación.

Herta Müller, Nobel 2009

Xerais expresa a súa grande satisfacción pola adxudicación do Premio Nobel de literatura 2009 á escritora Herta Müller, poeta e narradora, nacida en 1953, en Nitzkydorf, Bánat (Romanía), no seo dunha familia da minoría alemana.

«Monte Louro»: obsesións e fuxidas

«Monte Louro»: obsesións e fuxidas

Laura Caveiro publica en «Faro da Cultura» unha crítica sobre Monte Louro, a novela de Luís Rey Núñez gañadora do Premio Blanco Amor de novela 2009.

«Pirata»: intimismo e aventura

«Pirata»: intimismo e aventura

Dolores Martínez Torres publica hoxe en «Faro da Cultura» unha crítica sobre Pirata, a máis recente novela de María Reimóndez. Baixo o título de «Intimismo e aventura», Martínez Torres salienta que en Pirata se reinterpretan, cun discurso parello ao feminismo lésbico, as biografías de Anne Bonny e Mary Read, compoñentes da tripulación de Calico Jack, un dos piratas do século XVIII.

«Me matan por sen bueno»

«Me matan por sen bueno»

Xesús Alonso Montero foi entrevistado por Faro de Vigo e La opinión da Coruña con motivo da presentación de Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) que realizou onte na Feira do Libro da Coruña.