Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: faustino_rey_romero

Unha narración que engancha: «Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada». Recensión de Pedro García Vidal

O historiador e profesor Pedro García Vidal publicou na revista Alameda de Noia unha recensión sobre o libro Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada.   Faustino Rey Romero, Un evanxeo bufo X. Ricardo Losada, rianxeiro colaborador habitual desta revista Alameda, ofrécenos nesta súa segunda publicación, unha particular mirada sobre a poliédrica figura de Faustino Rey Romero, crego e poeta de Isorna (Rianxo).

X. Ricardo Losada: «Hai tres teorías sobre a morte de Faustino Rey Romero: asasinato, accidente ou suicidio. E datos para defender todas»

La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Fran Brea a X. Ricardo Losada sobre o libro o Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo.     «Rei estaba preocupado pola hipocrisía e loitaba contra ela» Losada retrata a Faustino Rei Romero nunha biografía na que non se agocha o lado extravagante do crego de Isorna A figura do rianxeiro Faustino Rei Romero sempre estivo rodeada de polémica e misterio.

Retrato dun incomprendido: «Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada». Crítica de Maruxa Gestoso

O Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Maruxa Gestoso Álvarez sobre o libro Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Biografía gorentosa: «Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada». Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou no Atlántico Diario e La Región unha recensión crítica do libro Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Esclarecendo con decisión e acerto: «Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada». Artigo de Franco Grande

X. L. Franco Grande publicou no Fugas de La Voz de Galicia un artigo sobre o libro Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada. O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Crego, poeta, galeguista e antifranquista: «Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada». Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada.     O evanxeo bufo de Faustino Rey Romero Presentamos onte na primeira edición da Feira do Libro de Ribeira a biografía que Ricardo Losada preparou de Faustino Rey Romero, o poeta crego galeguista e antifranquista da Xeración da Tebra.

Xerais na Feira do Libro de Ribeira (do 16 ao 19 de xullo)

Do 16 ao 19 de xullo terá lugar a Feira do Libro de Ribeira na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 17 de xullo, venres 20:30 h.: Presentación de Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo de X. Ricardo Losada con Manuel Cartea e Manuel Bragado. Día 19 de xullo,  domingo 13:30 h.: Presentación de Rubicundo de María Canosa 21:00 h.:  Presentación de Galicia Encantada.

Novidade: «Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada». A biografía do crego e poeta antifranquista

Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada, é unha novidade da colección Crónica de Xerais. Nesta biografía de Faustino Rey Romero (1921-1971), o crego e poeta antifranquista de Isorna (Rianxo), recóllense moitos dos sorprendentes comentarios que sobre el foi escoitando Xosé Ricardo Losada, autor da obra, na súa vila natal.