Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: federico_cocho

Federico Cocho: «A sátira, a burla e a invasión da rúa e moi típica de carnaval»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista a Federico Cocho sobre o seu libro O carnaval en Galicia.     «Choqueiro ven das chocas que levaban as vacas» O xornalista é autor de tres libros sobre o entroido galego Xinzo é un dos vértices do chamado triángulo máxico do entroido galego. Alí naceu Federico Cocho, xornalista e autor de tres libros sobre esta festa central das celebracións galegas.

Orellas, filloas e peliqueiros. Viva o entroido!

Chega o entroido, é tempo de orellas, filloas e peliqueiros e en Xerais recuperamos dous excelentes libros sobre este tempo tan de noso, con humor crítico e gastronomía. Miguel Vilas ofrécenos o xeito de cociñar e disfrutar do cocido, do lacón con grelos, da androlla, das filloas e freixós, das orellas de frade, das rosquillas, do tripón doce, etc.

Federico Cocho falou sobre “Guerra Civil” no Culturgal

Na tarde de onte, primeiro día do Culturgal, o xornalista e escritor, Federico Cocho mantivo unha interesantísima charla co, tamén xornalista, Eduardo Rolland sobre o libro Guerra Civil. O que pasou en Galicia e en España, publicado por Xerais na colección Crónica.  O programa de Xerais para hoxe, Sábado 3 é: 14:00 h.: Presentación de Dragal I e Dragal II de Elena Gallego. No Salón.

Federico Cocho, Dionisio Pereira e Gonzalo Amoedo presentarán os seus libros de memoria histórica en Baiona

Valmiñor.info informa das xornadas que o IEM organizou en Baiona, durante o transcurso das que participarán varios autores de Xerais, presentando os últimos libros que publicamos na colección Crónica centrados na memoria histórica: Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España de Federico Cocho;  Loita de clases e represión no mar (1864-1939), de Dionisio Pereira; e A memoria e o esquecemento.

Crítica de Alfredo Iglesias sobre «Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España», de Federico Cocho

Crítica de Alfredo Iglesias sobre «Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España», de Federico Cocho

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publica hoxe unha crítica de Alfredo Iglesias sobre Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, do xornalista Federico Cocho.

Artigo de Pablo Vaamonde sobre «Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España», de Federico Cocho

Pablo Vaamaonde publica en Galicia Confidencial un artigo sobre o libro  Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, do xornalista Federico Cocho. Que pasou na Guerra Civil O meu amigo Federico Cocho ven de publicar un libro necesario e oportuno: “Guerra Civil, que pasou en Galicia e en España” (Xerais, 2011).

X. L. Méndez Ferrín recomenda «Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España», de Federico Cocho

X. L. Méndez Ferrín recomenda «Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España», de Federico Cocho

O escritor X. L. Méndez Ferrín recomendoulle, na súa Caixa Postal do Faro de Vigo, o libro Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, do xornalista Federico Cocho., a un dos seus comunicantes. Acabo de ler un libro recentemente publicado: Federico Cocho, Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, Xerais,Vigo, 2011.

«Boa síntese sobre a Guerra civil»: Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre o libro de Federico Cocho

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, do xornalista Federico Cocho.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España», do xornalista Federico Cocho

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog, Novenoites, unha recensión crítica sobre Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, do xornalista Federico Cocho.

Federico Cocho: «O mito da Galicia fascista é mentira, e próbano os 14.000 represaliados que contabilizou Nomes e Voces»

A xornalista Montse Dopico publicou en El Mundo unha longa entrevista con Federico Cocho a raíz da publicación do seu libro Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, na colección Crónica.

Hoxe Federico Cocho na Feira do Libro da Coruña

Hoxe na Feira do Libro da Coruña o acto de Xerais estará protagonizado por  Federico Cocho que, acompañado do escritor Carlos G. Reigosa, presentará o seu libro Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España. O acto comezará ás 19:30 horas.

Hoxe Manuel Rivas e Carlos Callón na Feira do Libro da Coruña

Hoxe na Feira do Libro da Coruña os actos de Xerais estarán protagonizados por  Manuel Rivas que presentará a súa novela Todo é silencio e por Carlos Callón o seu  libro máis recente Como defenderes os teus dereitos lingúísticos. No serán do venres, día 5, Federico Cocho presentará o seu libro Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, publicado na colección Crónica.