Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: federico_cocho

Reportaxe sobre «Guerra civil. Que pasou en Galicia e en España», de Federico Cocho

O suplemento Culturas de La Voz de Galicia publicou o pasado sábado unha reportaxe de M. Otero sobre Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, de Federico Cocho. Luz do pasado sobre o futuro Alumear un dos períodos «máis escuros, violentos e decisivos da nosa historia recente». Iso e o que fai Federico Cocho no seu libro GuerraCivil. Que pasou en Galicia e en España, que edita Xerais e sairá á venda proximamente.

Actos de Xerais na Feira do Libro da Coruña

Día 1 luns de agosto ás 20:00 horas: Presentación Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas.  Participan: Manuel Bragado, o autor e o Grupo Loaira. ás 20:45 horas: Presentación Penúltimo dietario, de Xosé Neira Vilas. ás 21:15 horas: Presentación Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo de Xesús Alonso Montero .

«Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España», de Federico Cocho, novidade do mes de xullo na colección crónica

Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, de Federico Cocho, é unha das novidades do mes de xullo, e publícase na colección Crónica. Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España narra, desde unha perspectiva global, o que ocorreu na Guerra Civil seguindo un fío galego, ao tempo que explica os sucesos en territorio galego encadrados na evolución dos acontecementos no resto do Estado.