Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: feira_do_libro_de_monforte

Un verán cheo de libros

O verán foi moi activo para os libros de Xerais.

Actos de Xerais na Feira do libro de Monforte

Do 21 ao 24 de agosto, terá lugar a Feira do Libro de Monforte na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 21 de agosto,  xoves 20:00 horas:   Presentación do libro Os televisores estrábicos de Ramón Vilar Landeira. Día 23 de agosto,  sábado 20:00 horas:   Presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto.

«Os xornalistas utópicos», presentación na Feira do Libro de Monforte

O venres 23 de agosto, ás 20:00 horas, na Feira do Libro de Monforte (rúa do Cardeal), será presentada a novela Os xornalistas utópicos de Manuel Veiga. No acto acompañarán ao autor César Lorenzo e o editor Manuel Bragado.

Xesús Manuel Marcos na Feira do Libro de Monforte

Hoxe, venres 27 de agosto, a partir das 20:000 horas, o escritor Xesús Manuel Marcos asinará exemplares das súas obras na Feira do Libro de Monforte.

Marcos Calveiro hoxe na Feira do Libro de Monforte

En Monforte desenvolverase a XIII edición da Feira do Libro do mércores 25 de agosto até o sábado 28, na rúa Cardeal, con horarios entre as 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas todos os días. Na primeira xornada, o acto de inauguración será ás 18:00 horas, a cargo de Xosé Manuel Pereiro. Logo, ás 20:30 h., Marcos Calveiro asinará exemplares do seu libro Settecento e do resto da súa obra.

Xerais na Feira do Libro de Monforte

Xerais prepara o programa dos actos que realizará na Feira do Libro de Monforte de Lemos, que terá lugar do 25 ao 28 de agosto na rúa do Cardeal. O xoves 26 de agosto, ás 19:00 horas Ricardo Gurriarán presentará Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela 1939-1968.