Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: feira_internacional_do_libro_de_guadalajara

Agustín Fernandez Paz, discurso de recepción do Premio Iberoamericano SM en Guadalajara

Agradecemos a Xulio Abollo esta gravación que recolle o extraordinario discurso pronunciado o 29 de novembro por Agustín Fernández Paz na FIL de Guadalajara con motivo da recepción do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Un documento para a nosa historia literaria.

Marcos Calveiro na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México)

O escritor Marcos Calveiro participou en diversos actos na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México). Reproducimos a información da súa intervención no Centro de Cultura Escrita Miguel Ángel Cuervo, en Colima.

Agustín Fernández Paz, Rosa Aneiros e Marcos Calveiro participan na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México)

Os escritores Agustín Fernández Paz, Rosa Aneiros e Marcos Calveiro participan na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México). Algúns xornais como Atlántico e El Correo Gallego, ademais da Asociación Galega de Editores, informan sobre a súa actividade alí a través de axencias.