Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: Feiras_do_libro

Feira do Libro: «De cristal», de Silvestre Gómez Xurxo, e «A galera de Xelmírez», de Xabier Paz

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou unha anotación sobre a presentación onte na Feira do Libro de Vigo das novelas De cristal, de Silvestre Gómez Xurxo, e  A galera de Xelmírez, de Xabier Paz.   Presentacións na feira Pechamos onte a participación de Xerais na Feira do Libro de Vigo coas presentacións dos libros de Silvestre Gómez Xurxo, De cristal, e Xabier Paz, A galera de Xelmírez.

Conversas na feira: libros de Marcos Calveiro e Ledicia Costas

Conversas na feira: libros de Marcos Calveiro e Ledicia Costas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou unha anotación sobre a presentación onte na Feira do Libro de Vigo dos libros As palabras poden matar de Marcos Calveiro e Un animal chamado néboa de Ledicia Costas.   Conversas na feira Magnífico serán de conversas literarias o onte na Feira do Libro de Vigo, arredor d’As palabras poden matar de Marcos Calveiro e Un animal chamado néboa de Ledicia Costas.

Xerais na Feira do Libro de Ferrol

Do 22 ao 26 de abril, terá lugar a Feira do Libro de Ferrol na que actuará como pregoeiro o escritor Xabier P. DoCampo e na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 24 de abril, venres, 20:00 h.:  Xurxo Souto realizará unha nova sesión de “Océano para terrícolas”, unha presentación musical do libro Contos do mar de Irlanda. Día 26 de abril,  domingo, 12:00 h.

Luís Rei Núñez, hoxe na Feira do Libro de Vigo

Luís Rei Núñez, hoxe na Feira do Libro de Vigo

Luís Rei Núñez, a partir das 20:30 horas, asinará na Feira doLibro de Vigo exemplares de Monte Louro, a súa máis recente novela, gañadora do Premio Blanco Amor 2009.  Coincidindo con esta asinatura, Galicia hoxe publica unha longa entrevista co novelista realizada por Manuel Vidal Villaverde. Recollemos un dos parágrafos da conversa referidos a Monte Louro: Iniciei a súa escrita co propósito de sempre: indagar na existencia.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo

Adiantamos os actos organizados por Xerais na Feira do Libro de Vigo que terá lugar na Alameda dende o 10 ao 19 de xullo.

DoCampo e Cobas asinan na Feira do Libro de Santiago

DoCampo e Cobas asinan na Feira do Libro de Santiago

Xabier DoCampo (gañador do Premio Irmandade do Libro 2008 da Federación de Libreiros de Galicia) e Xosé Cobas, autor e ilustrador d’ O libro das viaxes imaxinarias,  asinarán mañá, mércores, 6 de maio, a partir das 20:00 horas, na Feira do Libro de Santiago.

«Baldras, o xigante», presentación na Feira do Libro de Santiago

«Baldras, o xigante», presentación na Feira do Libro de Santiago

Mañá, martes 5 de maio, ás 18.00, na Feira do Libro de Santiago  Iolanda Eiras presenta o seu libro Baldras o xigante, publicado na colección Merliño.  No acto, actuará o coro A Ferradura, do CEIP Pío XII de Santiago de Compostela e unha sección da Banda Artística de Merza.  Ao remate do acto, a escritora asinará exemplares do seu libro.

Manuel Rivas na Feira do Libro de Santiago

Manuel Rivas na Feira do Libro de Santiago

Mañá luns, 4 de maio, ás 19:00 horas, Manuel Rivas ofrecerá un recital poético.  Ao remate asinará exemplares de  O sombreiro Chichiriteiro,  A corpo aberto e do resto da súa obra.

«Ramón Piñeiro. Os días ocultos», presentación en Santiago

«Ramón Piñeiro. Os días ocultos», presentación en Santiago

Daniel Ameixeiro presentará mañá domingo, 3 de maio, ás 19:00 horas na Feira do Libro de Santiago a súa novela Ramón Piñeiro. Os días ocultos. No acto estará acompañado do editor Manuel Bragado.

«O arco da vella», presentación na Feira do Libro de Santiago

«O arco da vella», presentación na Feira do Libro de Santiago

Mañá domíngo, 3 de maio, ás 18:00 presentarase O arco da vella, o álbum da serie «Merliño» escrito por Charo Pita e ilustrado por Xosé Tomás. A autora fará unha sesión de contacontos dirixida aos lectores novos arredor do do libro.

Mar Guerra asina na Feira do Libro de Santiago

Mar Guerra asina na Feira do Libro de Santiago

Mar Guerra asinará exemplares de Xenaro ou o misterio da mochila verde na Feira do Libro de Santiago o sábado, 2 de maio, ás 18:30 horas.

Jaureguizar asina «O Globo de Shakespeare»

Jaureguizar asina «O Globo de Shakespeare»

Jaureguizar asinará exemplares d’ O Globo de Shakespeare, na Feira do Libro de Santiago, o venres, primeiro de maio, a partir das 19:00 horas.