Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: feminismos

Xerais ofrece máis de 110 títulos en formato ebook, desde literatura infantil e xuvenil a novidades de narrativa ou clásicos

A decidida aposta de Xerais por abrir o seu catálogo de xeito sistemático aos dous formatos actuais do libro, o formato papel e o formato ebook, está xa plenamente consolidada, con máis de 110 títulos a disposición dos lectores e lectoras, asumindo así o reto que os novos xeitos de lectura demandan.

O Top 10 de Ramón Nicolás. Os mellores libros do 2013

O crítico Ramón Nicolás publico na revista Biblios. Clube de Lectores unha listaxe co seu Top 10 das mellores novelas do ano 2013. Entre elas, as publicadas por Xerais son as seguintes:   1. Costa do Solpor  de Xosé Mª Lema. Un autor que se incorpora serodiamente ao campo da narrativa galega e que o fai con extraordinaria competencia e, manexando unha oceánica documentación, devolve o gusto pola narrativa de aventuras. 2.

Os Premios Fervenzas Literarias 2014 poñen en valor a Xerais e os seus libros e autores e autoras

  A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos internautas e lectores do portal a través de 439 fichas de votación. Esta é unha fermosa iniciativa que dá pé á participación e á opinión dos lectores e lectoras, a quen agradecemos os excelentes resultados obtidos polos libros publicados pola editorial.

Cartografía dos feminismos: «Feminismos», de Olga Castro e María Reimóndez. Crítica de Belén Puñal

A revista Tempos Novos publica unha recensión crítica de Belén Puñal sobre Feminismos de Olga Castro e María Reimóndez. A recensión pode descargarse en pdf neste enlace.

Presentación de “Feminismos” na Universidade de Birmingham

O mércores, 27 de novembro, ás 13:15 horas, no Ashley Building, Room 422 The Centre for Galician Studies of the University of Birmingham , terá lugar a prensentación de Feminismos de Olga Castro e María Reimóndez. No acto participará Olga Castro, Lecturer in Translation Studies and Spanish at the Aston University and Vice-president of the International Association for Galician Studies e coautora do libro.

Entrevista a Olga Castro en Londres sobre «Feminismos»

Unha estudante da área de galego do IE Cañada Blanch de Londres entrevista a Olga Castro, logo da presentación londinense do libro Feminismos, escrito por Olga en colaboración con María Reimóndez.   Feminismos, en Londres O vindeiro 14 de xuño  teremos a fortuna de recibir unha das autoras de Feminismos, Olga Castro.

Unha obra que deixa pouso no corazón: «Feminismos», de Olga Castro e María Reimóndez. Crítica de Pilar Ponte

Pilar Ponte publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez.

O potencial transformador do feminismo: «Feminismos», de Olga Castro e María Reimóndez. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez.     Oportuna cartografía dos feminismos    “O feminismo aconteceu cando as mulleres aprenderon a dicir EU”, escribiu Gayle Greene.

Feminismo ou barbarie. Anotación en Brétemas sobre «Feminismos», de Olga Castro e María Reimóndez

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez.

Xerais na Feira do Libro de Pontevedra

Do mércores, 22  ao domingo, 26 de maio, na Praza da Ferrería, terá lugar a Feira do Libro de Pontevedra na que Xerais organiza os seguintes actos: Día 23 XOVES 19:00 horas:      Presentación do libro Endogamia 0.2 (Segunda entrega do Proxecto AKTUAL da colección Fóra de xogo) de Ramón Caride. Participan: Manuel Busto, Fran Alonso o autor. 20:00 horas:     Presentación do libro Faneca Brava de Manuel Portas.

Presentación de “Feminismos” de Olga Castro e María Reimóndez en Oleiros

O luns, 20 de maio, ás 19:30 horas, na Biblioteca de Santa Cruz de Oleiros, terá lugar a presentación do Feminismos de Olga Castro e María Reimóndez. Este acto está organizado pola Rede de Bibliotecas Públicas de Oleiros e Xerais.

Xerais na Feira do Libro de Lugo 2013

Do martes, 14 ao domingo, 19 de maio, tera lugar, na Praza Maior da cidade, a Feira do Libro de Lugo, na que Xerais organiza os actos seguintes: Día 15 mércores ás 18:00 horas: Sinatura de María Reimóndez na caseta da librería Trama e ás 19:00 horas:  Presentación do libro Feminismos de María Reimóndez e Olga Castro. Participan: Encarna Otero e María Reimóndez.