Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ferrol

Manuel Rivas: «Para a vida das palabras é máis importante que exista unha Semanada Poesía Salvaxe que unha Academia»

O Diario de Ferrol publicou unha entrevista con Manuel Rivas sobre o seu próximo poemario, aínda inédito, que recitará hoxe na Biblioteca Central de Ferrol, na Praza de España. O libro de poemas, titulado Poemas de 21 gramos na báscula de Ohio, será publicado por Xerais proximamente. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Enxeño e talento: «Zapatillas rotas», de Xabier Quiroga. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre a novela Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Unha dinámica áxil e efectiva: Anotación de Ramón Nicolás sobre a presentación de «Silencio», de Fran Alonso

Ramón Nicolás publicou no seu blog, Caderno da crítica, unha anotación sobre a presentación de Silencio, de Fran Alonso, que tivo lugar no  IES Valadares de Vigo e se retransmitiu por videoconferencia ao IES Saturnino Montojo de Ferrol.

«Silencio», de Fran Alonso, preséntase mañá por videoconferencia ante o alumnado dun instituto de Vigo e outro de Ferrol

A novela Silencio, de Fran Alonso, publicada na colección Fóra de Xogo, será presentada mañá ás 10,30 da mañá por videoconferencia ante o alumnado dun Instituto de Vigo e outro de Ferrol. O encontro terá lugar no IES Valadares de Vigo, desde onde será retransmitido ao IES Saturnino Montojo de Ferrol, que participará de forma activa.

Final precipitado, que desconcerta: «Silencio», de Fran Alonso. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre a novela Silencio, de Fran Alonso. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Un acerto de novela con humor sutilísimo: «O violín de Rembrandt», de Jorge Llorca. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre O violín de Rembrandt, de Jorge Llorca, novela gañadora do Premio Blanco Amor 2013. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Humor, arte e picaresca: «O violín de Rembrandt», de Jorge Llorca. Recensión na revista Aí

A revista Aí do mes de outubro publicou unha recensión sobre a novela O violín de Rembrandt, de Jorge Llorca, novela gañadora do Premio Blanco Amor 2013. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf.

«A terra queima», de Lalo Carnota e Xurxo Souto, Premio Muíño do Vento de Textos de Contraportada

O libro-disco en formato de álbum infantil interdisciplinar A terra queima, que parte dun proxecto do músico Lalo Carnota, con música súa, texto de Xurxo Souto e fotografías e ilustracións de Xulio Rey e Sesé Barreiro acaba de recibir o II Premio Muíño do Vento de textos de contraportada.

Presentación «Ámote Leo A.» en Ferrol

O venres, 13 de decembro, ás 19:00 horas, na Galería Sargadelos, rúa Rubalcava 30-32, esquina rúa María, de Ferrol, Rosa Aneiros presentará o seu libro Ámote Leo A. Destino xalundes. O acto contará coa participación especial do Club de Lectura Pantasmas de Papel.

A presentación de «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», de Ramón Nicolás, en Ferrol

Ramón Nicolás publicou unha anotación no seu blog sobre a presentación na Feira do Libro de Ferrol de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro.

Reportaxe sobre o libro-CD «O meu primeiro Celso Emilio» no Zig zag

O programa Zig zag da TVG emitiu unha reportaxe sobre libro-disco O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales.

O Jofre encheuse para escoitar os poemas musicados de «O meu primeiro Celso Emilio»

O Diaro de Ferrol publicou unha información sobre o concerto de presentación, no Teatro Jofre de Ferrol, do libro-disco O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales.