Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: fervenzas_literarias

Unha novela que se deixa devorar: «Os días felices de Benvido Seixas», de Eduard Velasco. Crítica na web «Fervenzas Literarias»

A revista de literatura galega Fervenzas Literarias publicou unha anotación de Nacho Alonso sobre o libro: Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco, publicado por Xerais na colección Narrativa.   Recensión: Eduard Velasco, «Os días felices de Benvido Seixas»   Recibimos como unha agradable sorpresa o novo deseño da colección de Narrativa de Xerais.

Os Premios Fervenzas Literarias recoñecen a Xerais como a mellor editorial do 2018 e premian varias das súas obras e autoras

    A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos lectores/as do portal a través de votación web. Esta é unha interesante iniciativa que se abre á participación e á opinión dos lectores e lectoras, aos que agradecemos o recoñecemento de Xerais como a mellor editorial do ano 2018, así como os resultados obtidos polos libros publicados pola nosa editorial.

Os Premios Fervenzas Literarias 2017 recoñecen varias obras e autores/as de Xerais

A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos lectores/as do portal a través de votación web. Esta é unha interesante iniciativa que se abre á participación e á opinión dos lectores e lectoras, aos que agradecemos os resultados obtidos polos libros publicados pola editorial.

Pinto & Chinto: «Queremos disparatar, divagar e divertirnos para que tamén o lector se divirta, pero en todo momento hai que ter en conta os contos clásicos»

A web Fervenzas Literarias publicou unha entrevista con Pinto & Chinto, autores do libro infantil Cámbiache o conto.   Cámbiache o conto! (Xerais) de Pinto&Chinto Dende tempos inmemoriais un dos aspectos característicos dos contos era buscar un efecto moralizante sobre o oínte, polo xeral, cativos e rapaces, idades onde o conto devén en recurso -na máis das veces- didáctico.

Os Premios Fervenzas Literarias 2015 recoñecen obras e autores/as de Xerais en nove categorías

A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos lectores/as do portal a través de votación web. Esta é unha interesante iniciativa que se abre á participación e á opinión dos lectores e lectoras, aos que agradecemos os resultados obtidos polos libros publicados pola editorial.

Anxo Fariña: «Sempre me encantou inventar e contar historias»

A web Fervenzas Literarias publicou unha entrevista con Anxo Fariña.   Veu visitarnos… Anxo Fariña Encantados estamos de recibir hoxe a visita do ilustrador e escritor vigués Anxo Fariña. Autor en verdade prolífico, leva agasallando ás súas lectoras e lectores asombrosas e engaiolantes historias dende hai máis de dez anos.

Hixinio Puentes: «Houbo persoas que decidiron sobre a vida e sobre a morte dos seus veciños»

A web Fervenzas Literarias publicou unha entrevista a Hixinio Puentes pola súa novela Winnipeg.   Entrevista a Hixinio Puentes Hai historias terribles que compre contar para que a forza do Lethes non arromben con elas e as súas augas as leven corrente abaixo, lonxe de nós. Acontecementos que son precisos coñecer, onde se fai necesario saber o que pasou.

Os Premios Fervenzas Literarias 2013 recoñecen autores e libros de Xerais e a propia editorial

A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos internautas e lectores do portal a través de 453 fichas de votación. Esta é unha fermosa iniciativa que dá pé á participación e á opinión dos lectores e lectoras, a quen agradecemos os excelentes resultados obtidos polos libros publicados pola editorial.

Manuel Iglesias Turnes: «As rapazas de Xan» é unha novela romántica, unha historia de amor. Entrevista en Fervenzas literarias

A web Fervenzas Literarias publicou unha entrevista con Manuel Iglesias Turnes pola súa novela As rapazas de Xan. Historias que furgan na sensibilidade, historias de amor, historias da terra. Historia latente do teu país. Manuel Iglesias Turnes ofrece ao lector con As rapazas de Xan (Xerais) -novela primeira do autor barcalés- un relato sobranceiro protagonizado polo amor en tempos escuros.

«Cita en Fisterra»: un libro que toca a raíz da emoción. Entrevista con Luís Rei Núñez en Fervenzas Literarias

«Cita en Fisterra»: un libro que toca a raíz da emoción. Entrevista con Luís Rei Núñez en Fervenzas Literarias

A web Fervenzas Literarias publicou unha entrevista con Luís Rei Núñez sobre o seu último libro, Cita en Fisterra.   Hai libros que te chegan ata moi dentro, ata tocar a raíz da emoción; que premen no primixenio, na orixe. Somos o que somos polo paso sucesivo das xeracións, polo legado que nos deixaron, por todo o que os nosos antergos viron, tocaron e sentiron.

A elección dos mellores libros de 2011 para os lectores e lectoras de Fervenzas Literarias recoñecen varios títulos e autores de Xerais

A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos internautas e lectores do portal a través de 471 fichas de votación. Esta é unha fermosa iniciativa que dá pé á participación e á opinión dos lectores e lectoras, a quen agradecemos os excelentes resultados obtidos polos libros publicados pola editorial.

Fervenzas Literarias potencia o papel dos lectores cun Encontro Dixital con Fran Alonso e o seu libro «Ninguén»

A web Fervenzas Literarias acaba de renovar a súa web, potenciando os papel dos lectores e lectoras. Nese sentido, para inaugurar os Encontros Dixitais, o escritor Fran Alonso estará, ata o 20 de decembro, respondendo preguntas dos lectores e lectoras sobre Ninguén, o seu último libro. A súa presenza no foro dará resposta diaria ás preguntas que se lle plantexen.