Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: fina_casalderrey

Presentación en Pontevedra de “A furgoneta branca” de Fina Casalderrey

O mércores 20 de marzo de 2019 ás 19:30 horas, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro A furgoneta branca de Fina Casalderrey, ilustrado por Lucía Cobo. No acto participarán Fran Alonso, Fátima Ruibal, Lucía Cobo, Fina Casalderrey,  coa colaboración especial do gaiteiro Oscar Ibáñez e a poeta Tamara Andrés.

Un emotivo álbum que fala do coidado, o amor e o respecto aos animais: «A furgoneta branca», de Fina Casalderrey. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: A furgoneta branca, de Fina Casalderrey, ilustrado por Lucía Cobo. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín. A furgoneta branca, de Fina Casalderrey Emotivo álbum este que nos trae Xerais da man de Fina Casalderrey con ilustracións de Lucía Cobo: A furgoneta branca fala de coidado, amor, respecto, e comuñón cos animais.

Unha fermosa historia tecida para os lectores mozos sobre o amor polos animais: «A furgoneta branca», de Fina Casalderrey. Anotación no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha anotación de María Navarro sobre o libro: A furgoneta branca, de Fina Casalderrey, ilustrado por Lucía Cobo. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ninguén que se achegue a este libro sairá defraudado: «A furgoneta branca», de Fina Casalderrey. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: A furgoneta branca, de Fina Casalderrey, ilustrado por Lucía Cobo. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín.

Un álbum para todos os públicos sobre o amor aos animais: «A furgoneta branca», de Fina Casalderrey. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para falar sobre o libro: A furgoneta branca, de Fina Casalderrey, ilustrado por Lucía Cobo. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 05.20″.

Novidade: « A furgoneta branca», de Fina Casalderrey. Cada mañá, Pedro agarda a chegada da furgoneta branca con alimento para o cabalo da veiga de en fronte

A furgoneta branca, de Fina Casalderrey, ilustrado por Lucía Cobo, é unha novidade da colección Álbums de Xerais. Cada mañá a mesma cantilena. Pedro pega o seu nariz á ventá mentres agarda pola chegada da furgoneta branca. Nela, un home leva todos os días o alimento para o cabalo novo que tamén espera impaciente na veiga de en fronte. Sempre é así.

Un retrato en forma de libro: «María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito». Anotación no xornal El Progreso

O xornal El Progreso publicou unha anotación sobre o libro: María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito, do que son autoras Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey. O libro pertence á colección infantil e xuvenil Merlín, de Xerais. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Case unha vintena de autoras e autores de Xerais participan na Festa dos Libros de Pontevedra 2018

Os días 22-23 e 24 de xuño, na Praza da Ferrería de Pontevedra terá lugar unha nova edición da Festa dos Libros. Aquí presentamos o programa de actividades de Xerais.       Venres 22 de xuño de 2018 19.00 h Manuel Lourenzo González presenta Ceiba de Luz  conversa con Manuel Bragado. Ao remate asina no Espazo da libraría Paz 20:00 h. Carlos Taboada asina A biblioteca de Pedrarcana no Espazo Lector Nobel 21.

Xerais na Feira do Libro de Redondela

O venres 8 de xuño, ás 19:00 horas, Fina Casalderrey asinará exemplares das súas obras. O sábado 9 de xuño, ás 19:00 horas, Ledicia Costas asínará exemplares das súas obras.

«María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito», no programa da TVG «Cada día un libro»

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á biografía para nenos e nenas María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito, de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre. O programa pode verse nesta ligazón.

Fina Casalderrey: «Se houbese que definir a María Victoria Moreno cunha soa palabra, esa sería “compromiso”»

 O programa Chamando á terra da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar ás escritoras Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey, autoras do libro María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Un aloumiño na meixela de María Victoria Moreno: «A muller que durmía pouco e soñaba moito», de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre. Artigo de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra un artigo no que fala sobre o libro María Victoria Moreno: A muller que durmía pouco e soñaba moito, de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre. O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.