Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: fino_lorenzo

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”.

Poemas curtos, rimados, que xogan coas palabras: «As redes de Inés», de Elvira Riveiro Tobío. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o libro As redes de Inés, de Elvira Riveiro Tobío, con ilustracións de Fino Lorenzo, editado na colección Merliño.     As redes de Inés Elvira Riveiro publica en Xerais, na súa colección Merliño, un fermoso poemario infantil que conta coas ilustracións de Fino Lorenzo.

Poesía moi acaída para os que comezan a ler: «As redes de Inés«, de Elvira Riveiro Tobío. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre o libro As redes de Inés, de Elvira Riveiro Tobío, con ilustracións de Fino Lorenzo, editado na colección Merliño.    Poesía desde a infancia A poesía é un dos xéneros que adoitan ter menos aceptación entre os nosos alumnos e alumnas segundo van facendo anos.

Novidade: «As redes de Inés«, de Elvira Riveiro Tobío (Autor/a) Fino Lorenzo: poesía infantil en formato álbum

As redes de Inés, de Elvira Riveiro Tobío, con ilustracións de Fino Lorenzo, é unha novidade da colección Merliño. Unha nova proposta que amplía o horizonte da poesía infantil. Inés está no peirao dende o amencer, ata que te ata o verde cordel. E eu sei que ela sabe, ela sabe que eu sei… …que nunca se enlean as redes de Inés.   Elvira Ribeiro Tobío (Cerponzóns, 1971) é profesora, tradutora e poeta.

«Recendos de aire sonoro», de Antonio García Teijeiro, novidade do mes de marzo

O libro Recendos de aire sonoro, de Antonio García Teijeiro e ilustrado por Fino Lorenzo, na colección sopa de libros, é unha das novidades do mes de marzo. En Recendos de aire sonoro as notas musicais e as palabras danse a man e camiñan xuntas polos vieiros que trazan os versos.

«Ao pé da Laxa da Moa» de Antón Cortizas presentarase o domingo na Feira do Libro de Ferrol

Mañá domingo, 25 de abril, ás 19:00 horas na Feira do Libro de Ferrol (Cantón de Molins) presentarase o libro de Antón Cortizas Ao pé da Laxa da Moa, un groso volume que recolle un labor de recolleita e transmisión da riqueza literaria oral do concello de Carnota. Unha colectánea, ilustrada por Fino Lorenzo, de numerosos cantares, adiviñas, trabalinguas, contos, lendas e máis refráns.

Xerais obtén dous dos premios da Noite da Edición 2008

Xerais obtén dous dos premios da Noite da Edición 2008

O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas, foi gañador do Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado do ano e PAlAbrAs brAncAs de Elvira Ribeiro e e Fino Lorenzo o do Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil de 2008.

“PAlAbrAs brAncAs”, presentación en Pontevedra

“PAlAbrAs brAncAs”, presentación en Pontevedra

Mañá, xoves, ás 20,00 presentarase na Galería Sargadelos de Pontevedra PAlAbrAs brAncAs o poemario de Elvira Riveiro, ilustrado por Fino Lorenzo e publicado na colección Merlín. O acto está organizado pola asociación Máislibros.