Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: follas_novas

Presentación en Pontevedra de “Follas novas” de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira

O xoves, 12 de xaneiro, 2017, ás 20,00 horas, no Salón de Actos d’ A Casa das Campás, rúa Don Filiberto, 9-11, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Follas novas de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, intervirán Xaime Toxo, Manuel Bragado e Anxo Angueira.

Presentación en Cornellá de Llobregat de “Follas novas” de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira

O sábado, 26 de novembro, ás 18:30 horas, na Sala García Nieto preto da ACG Rosalía de Castro, Frederic Soler, 71, Cornellá de Llobregat, terá lugar a presentación do libro Follas novas de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira.

Un magnífico proxecto e uns magníficos resultados: «Follas novas», de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira. Crítica de Xosé Feixó

O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Xosé Feixó sobre a edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, preparada por Anxo Angueira. A recensión crítico pode lerse ou descargarse neste enlace.

Anxo Angueira: «’Follas novas’ proba o diálogo que Rosalía mantén coa alta poesía europea do seu tempo»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Héctor J. Porto a Anxo Angueira pola súa edición de Follas novas, de Rosalía de Castro. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Anxo Angueira: «Sempre se vai poder dicir algo novo de Rosalía de Castro»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha entrevista de Lourdes Varela a  Anxo Angueira pola súa edición de Follas novas, de Rosalía de Castro. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Programa de Xerais na Feira do Libro de Pontevedra 2016

Do 5 ao 10 de abril, na Praza da Ferrería e Paseo Odriozola, terá lugar a Feira do Libro de Pontevedra na que Xerais ten organizados os actos seguintes: O día 5 de abril, martes ás 19:00 horas, Alberto Fortes dará o Pregón e ao remate o escritor asinará exemplares do seu último libro O dobrón de a oito.

Anxo Angueira: «Con Follas Novas, Rosalía entra na alta poesía europea»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista a Anxo Angueira e a súa edición de Follas novas, de Rosalía de Castro. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha edición que dá xenio ter entre as mans: «Follas novas», de Rosalía de Castro. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre a edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, preparada por Anxo Angueira. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Anxo Angueira: «Follas Novas é unha obra oceánica que sorprendeu moito cando se publicou»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co con Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro e responsable da nova edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, publicada na colección Clásicos de Xerais. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Presentación na Coruña de “Follas novas” de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira

O xoves, 17 de marzo, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras, rúa Sinagoga, 22, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Follas novas de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira. No acto participarán Pepe Barro, Dores Tembrás e Anxo Angueiras.

Conferencia de Anxo Angueira sobre “Follas novas” de Rosalía de Castro en Cangas

O mércores, 16 de marzo, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Cangas, terá lugar unha conferencia de Anxo Angueira sobre a edición que preparou de Follas novas de Rosalía de Castro. O acto está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Cangas e Xerais.

Presentación en Betanzos de “Follas novas” de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira

O martes, 15 de marzo, ás 20:00 horas, na libraría Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos, terá lugar a presentación do libro Follas novas de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira.