Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: fonte

Ramiro Fonte, traxectoria poética en «Luces»

Daniel Salgado publica no «Luces» de El País Galicia desta semana unha interesante reportaxe sobre a traxectoria poética de Ramiro Fonte.

«Reversos. (Días adiados)», derradeiro poemario de Ramiro Fonte

«Reversos. (Días adiados)», derradeiro poemario de Ramiro Fonte

Chegan do prelo os primeiros exemplares de Reversos. (Días adiados), o derradeiro poemario do poeta Ramiro Fonte, falecido o pasado sábado, 11 de outubro. Continuando co ciclo de poemas complementarios de formas clásicas, recompilado en A rocha dos poscritos (Xerais 2005), Fonte ofrece un libro memorable.

Ramiro Fonte, actos de despedida

Os actos de despedida de Ramiro Fonte realizaranse, mañá luns, 13 de outubro, en Pontedeume. Os seus restos mortais velaranse, a partir das 11 da mañá e ata as 17 horas, na Casa do Concello de Pontedeume. Ás 17:00 horas sairá a comitiva funebre en dirección ao cemiterio da vila. Ás 18:00 horas oficiarase unha misa funeral na igrexa parroquial de Santiago.

Pesar polo pasamento de Ramiro Fonte

Hoxe son numerosas as mostras de pesar expresadas polo falecemento do escritor Ramiro Fonte: Manuel Bragado: «Ramiro Fonte», Faro de Vigo. Ramón Loureiro: «Un creador para a eternidade», «Última entrevista», La Voz de Galicia. Ágatha de Santos: «Morre o poeta galego Ramiro Fonte», Faro de Vigo. A.R. López: «Unha icona da Xeración dos 80», «Adeus Norte», Galicia hoxe. Fran P.

Faleceu Ramiro Fonte

Faleceu Ramiro Fonte

A dirección e o cadro de persoal de Edicións Xerais de Galicia amosa o seu máis fondo pesar polo falecemento do escritor Ramiro Fonte, autor da editorial dende hai vinte e cinco anos. O pasado venres acabárase de imprimir Reversos, o longo poemario de versos de formas clásicas medidas, que escribira durante os últimos meses e que a editorial tiña previsto publicar este mes de outubro.

Ramiro Fonte, Premio Porto Magno

Ramiro Fonte, Premio Porto Magno

Segundo informa hoxe no seu blog o xornalista Perfecto Conde o próximo luns, 28 de xullo, ás 13 horas, no pazo do Concello de Ferrol, terá lugar o acto de homenaxe do mundo das letras ao escritor Ramiro Fonte.

“As pontes no ceo”, nova crítica

“As pontes no ceo”, nova crítica

Delfín Caseiro publica en Protexta unha crítica sobre As pontes no ceo, a derradeira entrega da triloxía Vidas exemplares de Ramiro Fonte.

“As pontes do ceo”, nova crítica

“As pontes do ceo”, nova crítica

Xulio Valcárcel publica na páxina literaria de El Ideal Gallego unha crítica completísima sobre As pontes no ceo, a derradeira entrega da triloxía “Vidas de infancia” de Ramiro Fonte. Recollemos varios fragmentos do texto: “Último volume da triloxía “Vidas de infancia”, As pontes no ceo pecha con ramo de ouro un dos proxectos literarios máis ambiciosos dos últimos tempos.