Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: fóra_de_si

Presentación en Santiago de “Fóra de si” de Suso de Toro

O venres 2 de marzo, ás 20:00 horas, na libraría NUMAX, Concepción Arenal, 9, Santiago, terá lugar a presentación do libro Fóra de si de Suso de Toro. O escritor estará acompañado polo editor Manuel Bragado.

Suso de Toro recupera «a fe na literatura» pero critica un mundo onde «hai só futbolistas e políticos»

O xornal dixital Galicia Confidencial publicou unha información sobre o escritor Suso de Toro e a súa novela, Fóra de si.

Suso de Toro: «Nos meus libros hai protagonistas que viaxan ao pasado para solucionar problemas sepultados ou mal enterrados»

O xornal Sermos Galiza publica unha entrevista de Daniel Salgado a Suso de Toro sobre a súa nova novela, Fóra de si. (Foto de Laura R. Cuba. /Sermos Galiza).   «Non leo literatura, nin galega nin non galega» No escritorio de Suso de Toro (Santiago de Compostela, 1956) hai dous libros no medio do camiño, unha novela e unha comedia teatral “de enredo”. Outro máis, un ensaio,talvez nunca acabe de nacer.

Novidade: «Fóra de si», de Suso de Toro. Unha narración memorable arredor da identidade familiar, da perda e da culpa

A novela Fóra de si, de Suso de Toro é unha novidade de Xerais Narrativa. Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en exceso todo o que leva ao lombo: moitos anos, moitas vidas que pasaron polas súas mans e, tamén, algunha morte recente. Está atravesando un momento profesional moi humillante e semella que tamén se atopa confuso coa súa situación persoal.

Suso de Toro: «Como non hai guerras nin heroes, o gran tema é a familia»

 Os xornais El Progreso e o  Diario de Pontevedra publicaron unha reportaxe de Jaureguizar sobre a próxima novela de  Suso de Toro, titulada, Fóra de si, que Xerais publicará no próximo mes de febreiro, logo destes anos de silencio do autor. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

A identidade familiar, a culpa e a perda en «Fóra de si», a novela de Suso de Toro que sairá en febreiro

Coolt, revista de tendencias, publicou unha breve anotación de Cristina Fernández sobre Fóra de si, a próxima novela de Suso de Toro, que Xerais publicará en febreiro.   Fóra de si Suso de Toro regresa en 2018, e faino cunha ficción sobre a identidade familiar, a perda e a culpa.

Suso de Toro: «Os que escribimos estamos infectados, colonizados, de linguaxe»

O xornal Sermos Galiza publica unha entrevista de Daniel Salgado a Suso de Toro, na que tamén fala da súa nova novela, Fóra de si, que Xerais publicará no próximo mes de febreiro. (Foto de X. M. /Sermos Galiza).   «En ‘Cinco Feiras’ gustaríame non escribir de política» Suso de Toro (Santiago de Compostela, 1956) regresa, de forma regular, á prensa galega.