Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: fóra_do_normal

Unha historia construída sobre os alicerces do respecto e da asunción da diversidade como eixes arredor do que debe xirar a propia vida: «Fóra do normal», de María Reimóndez. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no blog Caderno da Crítica unha anotación sobre a novela xuvenil Fóra do normal, de María Reimóndez, Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017.

María Reimóndez: «Existe unha fenda entre literatura e realidade, pois a literatura, por desgraza, non acolle todas as identidades nin todas as orixes.» Anotación de Manuel Bragado sobre a presentación de «Fóra do normal»

Manuel Bragado publicou no blog Brétemas unha anotación sobre a presentación na Feira do Libro de Vigo da novela xuvenil Fóra do normal, de María Reimóndez, premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017 (Imaxe: bretemas.

Rede Lectura recomenda «Fóra do normal» de María Reimóndez e «O que sei do silencio» de Andrea Maceiras, novidades da colección xuvenil Fóra de Xogo

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda as obras xuvenís O que sei do silencio, de Andrea Maceiras, e Fóra do normal, de María Reimóndez, ambas pertencentes á colección Fóra de Xogo.     Novidades na colección Fóra de Xogo de Xerais Unha das novidades de Xerais é a novela O que sei do silencio de Andrea Maceiras,  que foi finalista do Premio Raíña Lupa en 2017.

Moito máis que unha novela sobre un mozo ‘trans’, unha historia de amizade, superación e autoafirmación: «Fóra do normal», de María Reimóndez. Crítica de Montse Pena Presas en «Chamando á Terra»

O programa Chamando á Terra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Montse Pena Presas sobre Fóra do normal, de María Reimóndez, ilustrado por Antonio Seijas, Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017. A opinión crítica pode escoitarse nesta ligazón (a partir do minuto 28.30).

Novidade: «Fóra do normal», de María Reimóndez. Os heroes e as heroínas contemporáneas son aquelas que cambian o mundo só con existir e non ceder á domesticación

Fóra do normal, de María Reimóndez, Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017 e ilustrado por Antonio Seijas, é unha novidade da colección Fóra de Xogo. O lanzamento foi recollido nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa, Diario de Bergantiños e Diario de Ferrol. A información pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

María Reimóndez: «A calidade literaria tamén é un un servizo ao ser humano, á xustiza e á igualdade»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a entrega do I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade á escritora María Reimóndez pola súa novela Fóra do normal. Nesta ligazón pode lerse o discurso pronunciado pola autora no acto de entrega.

María Reimóndez: «A miña novela é unha exploración da importancia de vivir a diversidade como algo positivo»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Cristina Pérez á escritora María Reimóndez, gañadora do Premio Agustín Fernández Paz pola igualdade 2017 coa novela Fóra do normal. Outra novela de María Reimóndez chega nos próximos días ás librarías: As cousas que non queremos oír. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

María Reimóndez, Premio Agustín Fernández Paz 2017

A escritora María Reimóndez resultou gañadora do I premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos e polo Concello de Vilalba e apoiado por Xerais. Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o fallo do premio.