Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: fornelos_de_montes

Antón Lopo: «No corpo caben historias, lugares e persoas»

O xornal El Progreso publicou unha reportaxe de Jaureguizar sobre o libro de poemas Corpo, de Antón Lopo, gañador da sexta edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Antón Lopo, Premio Manuel Lueiro Rey de poesía con «Corpo»

O escritor e xornalista Antón Lopo resultou onte gañador da sexta edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía, que se fallou durante unha xuntanza na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela cun libro de poemas titulado Corpo.

Isaac Xubín, Premio Lueiro Rey de Poesía con «A cadencia da fractura»

Onte á tarde, en Fornelos de Montes, fallouse o Premio Lueiro Rey de Poesía, que gañou o escritor Isaac Xubín coa obra A cadencia da fractura, que publicará Xerais na primavera. Xubín publicou recentemente en Xerais a novela Non hai outro camiño. Reproducimos a nota de prensa da organización do certame, coa composición do xurado, que tamén se pode descargar en pdf nesta ligazón.

Homenaxe a Manuel Lueiro Rey en Vigo. Anotacións en Brétemas e Caderno da crítica

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación en Vigo de dous libros de Manuel Lueiro Rey, Non debían medrar editado por Xerais e Novas crónicas dunha transición intransixente por Laiovento. Tamén o crítico Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da crítica unha anotación sobre a presentación.

Bases do V Premio de poesía Manuel Lueiro Rey

Publicamos as bases do V Premio de poesía Manuel Lueiro Rey, que convoca o Concello de Fornelos de Montes e edita Xerais. As bases poden descargarse en pdf nesta ligazón.

Fornelos de Montes homenaxea a Manuel Lueiro Rey

Fornelos de Montes homenaxea a Manuel Lueiro Rey

Manuel Bragado fai no seu blog unha crónica da presentación en Fornelos de Montes do libro Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida. En día tan sinalado como o do comezo das festas do San Lourenzo presentamos no salón de plenos do concello de Fornelos de Montes o libro de homenaxe ao escritor Manuel Lueiro Rey.

O libro de homenaxe a Manuel Lueiro Rey presentarase nas festas de Fornelos de Montes

Carme Vidal publica en Sermos Galiza unha reportaxe sobre o libro Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida, que será presentado o venres 9 de agosto, ás 12:00 horas no salón de plenos do concello de Fornelos de Montes. Son as festas de San Lourenzo en Fornelos de Montes e o programa de celebracións deste ano recolle a presentación dun libro. Non é habitual que aconteza. Tampouco o libro. Trátase de Manuel Lueiro Rey.

«Manuel Lueiro Rey (1916-1990)», presentación en Fornelos de Montes

O venres, 9 de agosto, ás 12:00 horas, no salón de Actos do concello de Fornelos de Montes será presentado o libro Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida. No acto participarán Emiliano Lage Rodríguez (alcalde de Fornelos de Montes), Carme Carreiro (presidenta da AA.VV.