Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: fotografías

As principais fotos da viaxe científica de Xurxo Mariño para escribir o seu libro «Terra»

O neurocientífico Xurxo Mariño, autor do libro de ciencia e viaxes Terra, ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo publicou no seu blog unha serie de ligazóns, organizada por países, na que se poden ver as principais fotos da viaxe, que complementan a lectura do libro. Ao seu blog pode accederse a través desta ligazón.

Novidade: «Calendario Xerais 2017. Magar»

O Calendario Xerais 2017. Magar é unha novidade anual de Xerais. Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto que inclúe festivos e fases da lúa) con 13 fotografías do fotógrafo Manuel García Castro, MAGAR. Cada unha destas fotografías de Magar agocha unha historia secreta que podemos rememorar ou imaxinar. Cada imaxe é un microrrelato visual de vidas anónimas e de esforzos ou tristezas colectivas.

Leo A., a protagonista da triloxía de Rosa Aneiros, cobra vida en Twitter arredor dunha fermosa iniciativa estudantil

Estudantes dalgúns centros de ensino de Galicia están a levar a cabo unha fermosa campaña en Twitter arredor da triloxía Ámote Leo A., de Rosa Aneiros. Os rapaces e rapazas, coa colaboración do profesorado, realizan unha serie de fotografías arredor da frase «Ámote» ou «Ámote Leo A.» e logo fanas circular polas redes sociais. A maior parte dos chíos identifícanse coa etiqueta #ÁmoteLeoA.

Trinta anos de Vigo: «Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005)». Crítica de M. Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005), do fotógrafo vigués Cameselle.   Trinta anos de Vigo A antoloxía de fotos de Cameselle que presenta este libro, tomadas fundamentalmente de Faro de Vigo, son unha verdadeira crónica do Vigo da Transición e mais da democracia.

Cameselle, fotoxornalista de Faro de Vigo: 900 imaxes que capturan a alma da cidade

Ceferino de Blas publicou no Faro de Vigo o pasado decembro un longo artigo sobre Cameselle e o seu libro Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005) que pode lerse ou descargarse neste enlace. Así mesmo, o derradeiro día do ano publicouse no mesmo medio unha información sobre o mesmo libro que se pode ler aquí.

O fotógrafo que plasmou a Transición: « Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005)». Reportaxe de Fernando Franco

Faro de Vigo publicou unha reportaxe de Fernando Franco sobre o acto de onte no Club Faro sobre Cameselle no que se presentaba Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005).

O fotógrafo que capturou a alma de Vigo: Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005). Crónica de Mar Mato

O Faro de Vigo publicou unha información de Mar Mato sobre Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005), do fotógrafo vigués Cameselle.   El fotógrafo del alma de Vigo Xerais presenta en el Club FARO el libro “Cameselle.

O Vigo de Cameselle. Artigo de Manuel Bragado

Manuel Bragado, director de Xerais, dediciou o seu artigo de opinión en Faro de Vigo a Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005), do fotógrafo vigués Cameselle.   O Vigo de Cameselle Coincidindo co primeiro aniversario do pasamento de Guillermo Cameselle, Xerais acaba de publicar un libro antolóxico do seu traballo como fotoxornalista de “Faro de Vigo”.

O latexo dunha cidade. Fermoso e magnífico documento visual: «Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005)». Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da crítica unha anotación sobre Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005), do fotógrafo vigués Cameselle.   Cameselle.

Novidade: «Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005)». A historia recente de Vigo nas fotografías de Cameselle

Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005), de Cameselle, é unha novidade para esta tempada. A historia recente de Vigo nas fotografías de Cameselle. Este libro recolle unha antoloxía do traballo fotoxornalístico realizado por Guillermo Cameselle no xornal “Faro de Vigo” de 1975 a 2005.